O conselleiro do Medio Rural, José González, destacou hoxe a importancia das celebracións gastronómicas como instrumento para a promoción e o impulso das producións agroalimentarias galegas, na medida en que contribúen á difusión da súa calidade. Fíxoo durante a súa asistencia á XXXI Festa da Castaña do Courel, que se celebra no souto da Carroza, dentro do municipio de Folgoso do Courel, e onde estivo acompañado pola alcaldesa, Dolores Castro, e polo delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.
O programa desta festa, que foi pregoada polo chef Miguel González Quintela, conta con diferentes actuacións musicais para amenizar a degustación gratuíta de castañas asadas e viño. Ademais, hai postos de artesanía, de produtos da contorna e servizo de polbo e churrasco.
- Te recomendamos -