Inicio Galicia A Xunta destaca a unión da tradición e as novas tendencias no...

A Xunta destaca a unión da tradición e as novas tendencias no traballo do obradoiro artesán vigués Pino Encuadernaciones

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou este taller, un dos participantes no programa para impulsar a remuda xeracional que está a permitir formarse como artesáns a a preto de medio cento de aprendices


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salientou a unión da tradición e as novas tendencias que se xuntan no traballo do obradoiro artesán Pino Encuadernaciones. A empresa, que desenvolve a súa actividade en Vigo, é unha das participantes no novo programa para a incorporación de aprendices aos obradoiros artesanais galegos impulsado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Un total de 48 mozas e mozas de diferentes disciplinas de formación profesional, Deseño Industrial e Belas Artes están a completar a súa formación grazas a esta iniciativa, que adapta a formación dual ás características propias do sector, posibilitando a transmisión das técnicas artesanais ao tempo que se ofrece aos aprendices formación teórica e práctica.

Pino Encuadernaciones, que participa nesta primeira edición do programa cun aprendiz, é un obradoiro de encadernación artística e artesanal no que se reivindica o valor artístico do oficio. O seu titular, Pablo Otero Pino, comezou a encadernar durante a súa época universitaria materiais de estudo na súa área e, despois, noutras facultades. Na actualidade dedícase tanto a facer encadernacións clásicas e sinxelas como coidados deseños artísticos de diferentes estilos, que se adaptan tamén aos contidos dos propios libros e ás sensacións que transmiten. No ano 2011, Pablo Otero Pino acadou o terceiro Premio Nacional de Encadernación Artística, outorgado polo Ministerio de Cultura en recoñecemento á encadernación de Paraíso inhabitado (2008), escrito pola Premio Cervantes Ana María Matute. Ademais, resultou finalista destes mesmos premios en numerosas ocasións.

Leer más:  El Gobierno central defenderá en el Tribunal de Justicia de la Unión Europea la normativa estatal para la aprobación de proyectos eólicos, según la Xunta

A Artesanía de Galicia é un sector en auxe no que traballan máis de 5.000 persoas e que cada día incorpora novo talento que contribúe a potenciar o valor do feito a man, mesturando o saber facer dos oficios tradicionais galegos cunha crecente aposta polo deseño, a creatividade e a calidade das pezas. A Xunta, dentro da súa estratexia de impulso á Artesanía de Galicia, concedeu este ano máis de 800.000 euros en axudas ao sector artesanal, centradas, ademais de na remuda xeracional, en impulsar a mellora da comercialización, a visualización e a presenza nos mercados. Ademais, desenvólvense cursos formativos dirixidos á especialización e ao perfeccionamento das técnicas dos artesáns galegos.


- Te recomendamos -