Inicio Galicia A Xunta destaca a súa colaboración co Concello de Viveiro para paliar...

A Xunta destaca a súa colaboración co Concello de Viveiro para paliar os danos das chuvias extraordinarias e avoga por traballar conxuntamente na prevención de asolagamentos

0

Vázquez Mourelle deu conta dos informes dos especialistas en xestión de leitos fluviais, que indican que o desbordamento do río debeuse á forza e a velocidade de baixada da auga que arrincou árbores que obstruíron o río


A conselleira de Infraestrutura e Mobilidade, Ethel Vázquez, destacou hoxe a colaboración do Goberno galego co Concello de Viveiro para paliar os danos causados polas chuvias extraodinarias vividas o pasado 18 de novembro no núcleo de Xunqueira. Ademais, a conselleira avogou por continuar a traballar conxuntamente para abordar, desde o punto de vista da xestión dos ríos, da protección civil e do urbanismo, a necesaria prevención dos asolagamentos.

En resposta a unha pregunta parlamentaria, a conselleira deu conta das primeiras conclusións que se extraen dos informes técnicos sobre o sucedido en Viveiro, e que sinalan a extraordinaria cantidade de chuvia concentrada nun espazo e tempo moi acotados.

Vázquez Mourelle trasladou así hoxe á Cámara galega toda a información recabada pola Xunta na investigación aberta desde o primeiro momento para coñecer as causas do sucedido, así como o balance dos traballos realizados desde a Xunta.

Leer más:  Hallan con vida cerca de su casa al octogenario de Santiago que llevaba desaparecido desde el jueves

Segundo sinalou, as primeiras conclusións dos técnicos, cos datos que dispoñen ata agora, apuntan que o desencadeante dos asolagamentos foi a intensidade da chuvia caída en tan pouco tempo, nunha conca pequena e moi pendente, como é a do río Xunqueira. Esa intensísima, engadiu, arrincou e arrastrou árbores cara o leito do río.

Deste xeito, remarcou, a intensidade, a forza e a velocidade de baixada da auga arrincaron árbores ao seu paso, que actuaron como obstáculos, obstruíndo o río e provocaron o seu desbordamento. Un fenómeno que os técnicos, segundo cálculos de probabilidade, estiman que se poden producir 1 vez cada 500 anos, dixo.

Na súa intervención, Ethel Vázquez destacou que a zona afectada polos asolagamentos producidos está catalogada de risco potencial significativo de inundacións. Tendo en conta iso, apostou por traballar da man do Concello, e das demais Administracións, para facer unha reflexión conxunta e global e poñer os medios necesarios para tratar de evitar que o sucedido en Xunqueira se volva a repetir.

Desde o punto de vista da xestión dos ríos, a conselleira explicou que a Xunta está a ofrecer as máximas facilidades para acometer labores de limpeza e conservación dos leitos dos ríos, a través dunha declaración responsable e sen necesidade de autorización. Esta declaración, dixo, é un mecanismo que simplifica, axiliza e favorece a realización de actuacións menores de mantemento e conservación do dominio público hidráulico.

Leer más:  Un velero con tres tripulantes quedó sin timón después de una interacción con orcas en Fisterra y tuvo que ser remolcado

Lembrou que na súa visita a Viveiro, a Xunta e o Concello coincidiron en priorizar o traballo de limpeza e asistencia aos afectados, e que se tiñan que avaliar os danos e, en función diso, incidiu, continuar actuandoSalientou que o Goberno galego púxose á disposición do Concello de Viveiro e dos veciños para axudar en todo aquilo que era urxente e prioritario. A Xunta desprazou ao lugar os medios de conservación de estradas e 3 equipos de Augas de Galicia que continúan a traballar na retirada dos residuos do río.


- Te recomendamos -