Inicio Galicia A Xunta destaca a súa actitude reivindicativa e proactiva para acadar a...

A Xunta destaca a súa actitude reivindicativa e proactiva para acadar a mellora das comunicacións ferroviarias entre Galicia e o norte de Portugal

0

Sinala as xestións realizadas polo Goberno Galego para demandar a mellora da conexión ferroviaria Vigo – Porto, a “saída Sur de Vigo”, as obras da liña Vigo- fronteira portuguesa e a eliminación do paso a nivel do Porriño

O director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, salientou hoxe no Parlamento a actitude reivindicativa e sempre proactiva da Xunta para acadar a mellora das comunicación ferroviarias entre Galicia e a rexión norte de Portugal.

Na súa intervención na Comisión 2ª, dou conta das xestións levadas a cabo desde o Goberno galego para demandar ao Goberno estatal, anterior e actual, a mellora da conexión ferroviaria Vigo – Porto, coñecida como “saída Sur de Vigo”, as obras de mellora da actual liña Vigo- fronteira portuguesa, así coma as peticións trasladadas para a eliminación do paso a nivel do Porriño.

O director xeral de Mobilidade indicou que o Goberno galego sempre promoveu melloras nas comunicacións ferroviarias, e destacou o papel activo da Xunta, “aproveitando cada ocasión que se ten para empurrar por esta infraestrutura estratéxica para Vigo, para Galicia e para a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal”.

Leer más:  Feijóo se siente tranquilo ante la comisión de investigación gallega sobre varios contratos de la Xunta

Segundo subliñou, a postura da Xunta é clara e proactiva, sempre vixiante co Estado para acompasar a modernización da liña ferroviaria entre Porto e Valença coa electrificación do treito pendente en Galicia, reclamando o impulso da saída Sur de Vigo, e reafirmando esta reclamación en tódolos foros. E tamén apoiando as solucións encamiñadas a eliminación do paso a nivel de O Porriño.

Ignacio Maestro defendeu as vantaxes derivadas da construción da saída Sur de Vigo para lograr unha conexión máis eficiente con Portugal, unha actuación que segundo indicou permitirá centrar a maior parte dos servizos ferroviarios de viaxeiros na estación de Vigo – Urzáiz, futura estación Intermodal de Vigo.

E tamén referiuse ao apoio da Xunta á construción desta saída Sur, que levará á execución dunha variante de trazado no Porriño, que evitará o paso dos trens polo centro deste municipio.

Remarcou que para a Xunta, o Eixo Atlántico Ferroviario é unha liña que, lonxe de finalizar en Vigo, continúa cara ao Sur, para comunicar con Portugal. E asegurou que, polo tanto, a Xunta seguirá a reclamar a prolongación da actual liña de Alta Velocidade A Coruña – Vigo, cara a Portugal.

Leer más:  En Galicia, la calidad del aire ha mejorado, con la mayoría de estaciones en situación favorable o regular, excepto en las zonas de Vigo

O director xeral de Mobilidade asegurou que na defensa da prolongación da liña do Eixe Atlántico cara a Portugal o Executivo autonómico sempre ofreceu a súa colaboración institucional á Administración competente, o Ministerio de Fomento.

E concluíu reiterando que a postura do Goberno Galego segue a ser clara na súa reivindicación, pero tamén proactiva, para acadar un obxectivo estratéxico para Vigo, para Galicia e para a Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal. 


- Te recomendamos -