Inicio Galicia A Xunta destaca a solidariedade galega no XXI encontro de voluntariado de...

A Xunta destaca a solidariedade galega no XXI encontro de voluntariado de Cruz Vermella Galicia

0

A titular do departamento autonómico destacou o labor da entidade, que realizar diferentes accións formativas no ámbito da inclusión socio-laboral, da atención a nenos, nenas e adolescentes e a maiores e persoas con discapacidade

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, Cecilia Vázquez Suárez, asistiu hoxe ao XXI encontro de voluntariado de Cruz Vermella en Galicia no que se fixo entrega de recoñecementos ás persoas voluntarias distinguidas polo seu labor na institución.

A directora xeral enxalzou o labor que realiza a Cruz Vermella que, xunto coa Consellería de Política Social, impulsa diferentes accións formativas no ámbito da inclusión socio- laboral. Ademais, a administración autonómica ten en vigor varios concertos de prazas coa entidade para atender a nenos, nenas e adolescentes en situación de desprotección, a persoas con alzhéimer e con discapacidade. Tamén da man da Xunta, Cruz Vermella leva a cabo intervencións co colectivo das persoas sen teito.

Así mesmo, Vázquez Suárez destacou o carácter solidario das persoas que colaboran coa entidade de xeito voluntario.

Cómpre lembrar que, segundo o informe de seguimento da Estratexia de Acción Voluntaria 2016-2018, Galicia consolídase como a comunidade autónoma máis solidaria de España. De feito, o ano 2017 pechábase cun incremento no número de voluntarios que participaron nalgún dos programas impulsados dende a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado dun 35% ate superar os 7700 voluntarios fronte aos 5683 anotados en 2016 e tamén do número de entidades, que pasaron de 159 en 2016 a 186 no 17. E en termos globais, Galicia remataba o ano con 40.375 persoas inscritas no rexistro de Acción Voluntaria ( un 2% máis que o ano anterior) e con 951 entidades anotadas (un 3% máis que no 2016). Unhas cifras que contrastan co descenso a nivel estatal do número de voluntarios e que o Observatorio da Plataforma de Voluntariado de España cifra en torno aos 300.000. 


- Te recomendamos -