Inicio Galicia A Xunta destaca a oferta de ocio, tempo libre, benestar e formación...

A Xunta destaca a oferta de ocio, tempo libre, benestar e formación dirixida ás persoas maiores

0

O responsable da área social do Goberno autonómico reiterou o compromiso de “facer desta terra o mellor lugar para ser maior e para facerse maior”

O Carballiño (Ourense), 16 de xullo de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asistiu hoxe á XL Xuntanza dos Maiores organizada un ano máis pola Xunta no municipio ourensán do Carballiño. O parque municipal da localidade acolleu a edición deste ano que destacou por unha participación multitudinaria, coa presencia de persoas procedentes de toda Galicia, na súa maior parte usuarias da rede autonómica de centros da terceira idade e sociocomunitarios.

O conselleiro tivo a oportunidade de departir cos asistentes, que puideron degustar comida típica galega e bailar ao son das actuacións musicais encargadas de amenizar a festa. Na súa intervención, lembrou a importancia dos maiores na construción da sociedade moderna e do benestar de hoxe, engadindo que estes teñen un papel principal no presente e futuro desta terra. “Grazas ao voso esforzo, traballo e dedicación hoxe temos unha Galicia mellor; cun sistema de benestar consolidado que temos a obriga de manter e de seguir completando”, apuntou.

Leer más:  Feijóo se siente tranquilo ante la comisión de investigación gallega sobre varios contratos de la Xunta

Ademais, Rey Varela reiterou o compromiso da Xunta de “facer deste país o mellor lugar para ser maior e para facerse maior”. Neste sentido, referiuse aos servizos e programas que está a desenvolver o seu departamento autonómico en prol de fomentar unha madurez activa e hábitos de vida saudables, así como previr e atender situacións de dependencia.

Así, destacou programas de ocio e tempo libre como ‘Benestar en balnearios’ ou a nova iniciativa ‘Benestar a través da talasoterapia”, entre outros. Tamén subliñou os convenios de colaboración con entidades como as Aulas da Terceira Idade ou as tres universidades galegas para que as persoas maiores de 55 anos adquiran novos coñecementos ou retomen a súa formación. No ámbito da atención á dependencia, apuntou que na actualidade máis de 8 de cada 10 galegos que teñen a súa dependencia recoñecida reciben algunha prestación pública.

Por último, o conselleiro agradeceu a asistencia á festa a todos os presentes na xuntanza e destacou o labor dos centros sociocomunitarios de Fene (A Coruña), Vilalba (Lugo) e Ponte Pelamios (Ourense), así como de José Piñeiro, da Asociación Galega de Pensionistas (Asogapen), que foron merecedores dunha distinción no encontro deste ano. 

Leer más:  Del Prestige a Pelegrín o la inacabable comisión de cajas: historia de las investigaciones políticas en el Parlamento

- Te recomendamos -