Susana López Abella visitou hoxe a sede da Asociación que cumpre XXV anos dende que comezo a súa andaina na cidade de Ourense
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella destacou a labor que leva a cabo a Asociación contra o cancro de Ourense que hoxe visitou co motivo do seu XXV aniversario na cidade das burgas.
López Abella indicou que dende o ano 2009, dende a Secretaria Xeral da Igualdade, a través da orde de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas para mulleres e recursos integrais colaborou con preto de 93.000 euros destinados ao programa de apoio psicosocial para a rehabilitación de mulleres operadas de cancro de mama.
- Te recomendamos -