Inicio Galicia Pontevedra A Xunta defende que o tecido empresarial potencie a innovación para achegar...

A Xunta defende que o tecido empresarial potencie a innovación para achegar un valor engadido á economía

0

O director do Igape, Juan Cividanes, participou hoxe en Vilagarcía de Arousa no II Premio Ría de Arousa, organizado pola Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra (AJE) e a Autoridade Portuaria de Vilagarcía

O director do Igape, Juan Cividanes, salientou hoxe en Vilagarcía de Arousa no II Premio Ría de Arousa, organizado pola Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra (AJE) e a Autoridade Portuaria de Vilagarcía, a importancia de apostar pola innovación para achegar un valor engadido á economía e como fórmula de éxito para emprender hoxe en día.

O director indicou que o tecido empresarial galego ten que seguir avogando pola creatividade para detectar as necesidades dos clientes. Neste senso, puxo como exemplo os proxectos premiados, vinculados coa economía marítima e cun impacto positivo na ría de Arousa polo seu potencial para xerar emprego na comarca. Trátase de ideas de negocio novidosas e innovadoras, tanto desde o punto de vista tecnolóxico como polos propios servizos que ofrecen. A través destes galardóns, ademais, recoñécese o labor de empresas con tradición, neste caso, da Consignataria Carrasco. É, en palabras de Cividanes, unha iniciativa que pondera o talento e a experiencia que alberga o tecido empresarial da comarca arousá.

O director apuntou, ademais, o esforzo que está a facer a Xunta para intentar que ningunha iniciativa empresarial diferente, novidosa e viable se quede nun proxecto, lembrando algunhas das ferramentas coas que conta a Consellería de Economía, Emprego e Industria neste eido como son a rede de aceleradoras e espazos coworking onde as ideas se maduran.

Neste sentido, a Xunta promove programas de financiamento, como o Galicia Emprende que mobilizará na vindeira edición 11 millóns de euros para impulsar 80 proxectos de emprendedores e autónomos. Tamén puxo en valor a aposta decidida da Xunta polo capital risco para axudar a aquelas empresas con alto potencial de crecemento. Durante o período 2016-2017 incrementouse o número de proxectos de emprendemento financiados: 39 novas operacións cunha media de 52.000 euros.


- Te recomendamos -