Inicio Galicia A Xunta defende o papel das persoas maiores na sociedade como un...

A Xunta defende o papel das persoas maiores na sociedade como un dos principais activos que ten Galicia

0

A titular do departamento autonómico manifestou que “Galicia, como sociedade, débelle moito ás persoas maiores e o noso obxectivo é devolverlles cando menos unha parte do seu esforzo por facer desta terra o que é hoxe: un lugar de progreso e benestar”


A conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez, reivindicou ás persoas maiores como “un dos principais activos que ten Galicia” durante a visita que esta mañá realizou á residencia de Ribeira. Este acto público coincidiu coa celebración en todo o mundo do Día Internacional das Persoas Maiores, efeméride coa que Nacións Unidas quere homenaxealas e concienciar á poboación en xeral sobre importancia que estas teñen na sociedade.

Durante a visita, a conselleira insistiu que “Galicia, como sociedade, débelle moito ás persoas maiores e o noso obxectivo é devolverlles cando menos unha parte do seu esforzo por facer desta terra o que é hoxe: un lugar de progreso e benestar”. Neste sentido, destacou o compromiso da Xunta con estas persoas, traballando en prol de programas, servizos e recursos que lles permiten vivir nunha contorna que mellore as súas capacidades, manter a súa autonomía e independencia e que lles proporcionan a atención que necesitan.

Fabiola García fixo especial fincapé na atención a maiores dependentes, subliñando o notable incremento que nos últimos anos experimentaron servizos como o de axuda no fogar co recente novo aumento das horas que teñen a súa disposición todos os concellos para desenvolver esta prestación. Tamén se referiu á importante rede de prazas residenciais e centros de día, que se complementa co Bono Autonomía en Residencia que ten por obxecto que todos os maiores teñan acceso a atención residencial.

Por último, a titular de Política Social garantiu o compromiso do conxunto do Executivo autonómico para que “Galicia sexa o mellor lugar para ser maior e para facerse maior”. 


- Te recomendamos -