Inicio Galicia A Xunta declara de interese galego á Fundación Santo André de Teixido

A Xunta declara de interese galego á Fundación Santo André de Teixido

0

Creada no 2016, ten como obxectivo contribuír ao progreso cultural de Galicia prestando especial atención ao lugar de Teixido, no concello de Cedeira (A Coruña), por ser o primeiro lugar de peregrinación documentado


A Xunta de Galicia ven de declarar á Fundación Santo André de Teixido de interese galego, polo que pasa a formar parte do Rexistro de Fundacións de Interese Galego, tal e como recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia.

Constituída no ano 2016, ten como obxecto promover, protexer, impulsar e fomentar estudos, investigacións e todo tipo de iniciativas e actividades que contribúan ao desenvolvemento social e ao progreso económico e cultural de Galicia. Neste sentido, presta especial atención ao lugar de Teixido e ao santuario de Santo André de Teixido, no concello de Cedeira, por ser a primeira peregrinación galega documentada.

O Rexistro ten como finalidade ofrecer un sistema de garantía de publicidade material e formal das fundacións, mediante a inscrición do acto de constitución e de toda a secuencia de actos a través dos que se desenvolve a actividade fundacional, á vez que serve como instrumento de seguridade xurídica e canle de información da realidade fundacional galega.


- Te recomendamos -