Inicio Galicia A Xunta de Galicia licita o proxecto de construción do novo centro...

A Xunta de Galicia licita o proxecto de construción do novo centro de saúde do Saviñao por preto de 1,2 millóns de euros

0

Contará cunha superficie construída de preto de750 m2 o que supón un aumento dun 33% respecto á superficie actual

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, licita hoxe o proxecto de construción do novo centro de saúde do Saviñao (Lugo). O orzamento previsto é de 1.138.455 euros e o prazo máximo de execución, unha vez adxudicada a obra, é de 12 meses.

O novo centro de saúde do Saviñao pasará de ter unha superficie de 562 m2 ata os 745m2, o que amplía nun 33% o espazo actual. Vaise situar nunha parcela de 2.060 m2 cedida polo Concello ao Servizo Galego de Saúde.

O edificio terá, na área de medicina e enfermería, un total de 6 consultas, das que tres serán de medicina xeral e tres de enfermería, ademais dunha sala de toma de mostras de uso polivalente.

Polo que atinxe á área pediátrica, haberá unha consulta de pediatría e outra de enfermería de pediatría. Ademais das consultas, o novo centro contará con sala de xuntas, á que hai que engadir os espazos para arquivo de historias clínicas, recepción, almacéns, vestiarios, entre outras dependencias. Atenderá a unha poboación dunhas 28.000 tarxetas sanitarias.

Os pregos do concurso público poden consultarse na plataforma de contratos públicos de Galicia aquí.


- Te recomendamos -