Inicio Galicia A Xunta de Galicia destaca a importancia do respecto á liberdade de...

A Xunta de Galicia destaca a importancia do respecto á liberdade de prensa na XIV edición do Premio José Couso

0


O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acudiu hoxe á XIV edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol. Este acto homenaxea ao cámara ferrolán que perdeu a vida hai 14 anos en Iraq e este ano o galardón recaeu na xornalista de Onda Cero, Julia Otero.

O titular autonómico saudou a celebración un ano máis deste evento e defendeu a importancia da profesionalidade no exercicio xornalístico, así como o respecto á liberdade de prensa como piar fundamental dunha sociedade democrática.  


- Te recomendamos -