Ademais da tradicional comida, durante o festexo haberá música e baile
A Xunta de Galicia celebrará mañá sábado no municipio de O Carballiño unha nova edición da Xuntanza dos Maiores, a número corenta, que se desenvolverá no parque municipal deste concello ourensán. O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela; a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García; e a delegada territorial en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, entre outros responsables da Administración autonómica, asistirán a este evento festivo e de confraternidade.
A previsión é que máis de 3.000 persoas se dean cita neste encontro, para o que se ten confirmada a chegada de 65 autobuses procedentes de centros sociocomunitarios e concellos de toda a xeografía galega, o que supón a maior afluencia a esta xuntanza dos últimos anos. A programación do festexo contempla, ademais do tradicional xantar, unha exhibición coreográfica, animación musical e baile; e se prolongará durante boa parte da xornada de tarde.
O acto estará presentado por Roberto Vilar e Eva Iglesias, do programa da Televisión de Galicia ‘Land Rober’.
- Te recomendamos -