Inicio Galicia A Xunta dá visibilidade ás persoas con problemas de saúde mental a...

A Xunta dá visibilidade ás persoas con problemas de saúde mental a través dunha exposición monográfica

0

De la Campa avogou por avanzar nunha atención especializada para este colectivo e seguir adiante co traballo conxunto coas entidades sociais do ámbito da discapacidade


O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, apostou hoxe por dar unha maior visibilidade e avanzar nunha atención especializada para as persoas con problemas de saúde mental. Fíxoo durante a inauguración da exposición da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes), que desde hoxe e ata o mes de decembro se pode contemplar no espazo da pirámide do edificio administrativo da Xunta de Galicia en San Caetano.

A través de fotografías e paneis explicativos Feafes informa das actividades que desenvolven as 14 asociacións que a integran e que teñen presenza en máis de 30 localidades galegas. O presidente da devandita federación, Xosé Ramón Girón, e responsables de diferentes entidades asistiron ao acto de apertura desta mostra que se enmarca na iniciativa CapacitARTE. Esta é unha proposta que impulsan de maneira conxunta a delegación galega do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (Cermi) e a Consellería de Política Social.

Leer más:  Pontón pide al Partido Popular que deje de luchar contra el idioma gallego y opte por un amplio consenso a favor de la lengua

Na súa intervención Ildefonso de la Campa indicou que a Xunta traballará para seguir dotando a estas persoas dos servizos que precisan e para as que demandou “o seu espazo na sociedade e o dereito que teñen a desenvolver a súa vida con mesma normalidade que calquera outro cidadán”. Ademais, realizou un chamamento ao conxunto da sociedade para “superar os estigmas que aínda pesan sobre as enfermidades mentais”.

Por último, o director xeral garantiu o apoio do Goberno galego ás entidades coa finalidade de “camiñar da man e coordinar recursos para atender mellor a estas persoas”. Nesta liña, cómpre sinalar que o orzamento destinado á área de discapacidade en 2019 alcanza os 106 millóns de euros, un 63% máis que hai nove anos.

A mostra de Feafes é a ultima que se expón nas dependencias administrativas de San Caetano ao abeiro da proposta CapacitARTE. Esta iniciativa consiste na realización de exposicións monográficas sobre os servizos e proxectos que levan a cabo cada unha das entidades que forman parte do Cermi Galicia, e ten por finalidade dar visibilidade ao traballo que estas realizan así como concienciar á poboación en xeral.

Leer más:  Un anciano de ochenta años fallece en Vilardevós (Ourense) después de que su tractor volcara

- Te recomendamos -