Inicio Galicia A Xunta creará un grupo de traballo coa Fegamp para analizar aspectos...

A Xunta creará un grupo de traballo coa Fegamp para analizar aspectos relacionados cos espazos portuarios

0


A Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) acordaron hoxe crear un grupo de traballo para analizar cuestións relacionadas cos espazos portuarios. Foi durante a xuntanza celebrada hoxe entre o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, a directora xeral de Administración local, Marta Fernández-Tapias, e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alfredo García. A esta reunión tamén asistiron outros representantes da Fegamp.


- Te recomendamos -