Inicio Galicia A Xunta convoca ás escolas de tempo libre para pechar o decreto...

A Xunta convoca ás escolas de tempo libre para pechar o decreto de desenvolvemento da Lei de xuventude de Galicia

0

A xuntanza terá lugar o luns 5 de novembro ás 16,30 horas na Escola Galega de Administración Pública de Santiago


A Xunta de Galicia convida a todas as escolas de educación no tempo libre e a todas as persoas interesadas á xuntanza que servirá para pechar o proceso de participación de cara á elaboración, con todos os axentes implicados coa mocidade, do Decreto de desenvolvemento dos servizos á xuventude, contemplado na Lei de Xuventude de Galicia.

O encontro celebrarase o 5 de novembro ás 16,30 horas na Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela. Alí trasladaranse as conclusións do informe elaborado polo grupo Sculca da Universidade de Santiago de Compostela tras unha revisión pedagóxica do borrado do novo decreto que desenvolverá a Lei. A xuntanza servirá tamén para debater os cambios propostos no articulado da nova norma, co fin de pechar definitivamente un texto e poder iniciar a tramitación do novo Decreto, que regulará aspectos como a información xuvenil, a formación das persoas educadoras no tempo libre infantil e xuvenil, as actividades e instalacións xuvenís e os carnés de servizos á xuventude.

As persoas interesadas en asistir deberán remitir un correo electrónico, indicando nome, apelidos e escola á que representa.


- Te recomendamos -