Ignacio Maestro explica que estes datos da Federación Galega da Construción acreditan o aumento da licitación da Xunta nos últimos exercicios, pois no 2016, ascende a 196,3 millóns de euros e no 2017, aumentan ata os 229,7
O director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, interveu hoxe na Comisión 3ª do Parlamento de Galicia, na que salientou que a Xunta está a consolidar o incremento da licitación de obra pública cun investimento de 108,5 millóns de euros nos primeiros cinco meses deste ano.
Ignacio Maestro explicou que estes datos da Federación Galega da Construción acreditan este aumento da licitación pública do Goberno galego nos últimos anos, pois no ano 2016, ascende a 196,3 millóns de euros e no 2017, aumenta ata os 229,7.
O Goberno galego está a realizar un gran esforzo investidor en obra pública na comunidade, pois despois dunha recesión económica, os seus Orzamentos volven medrar. Por exemplo, en 2017, os presupostos da Consellería de Infraestruturas e Vivenda subiron un 5% e neste exercicio, esas contas aumentaron case un 17%, polo que continúa a tendencia de dinamización do investimento.
O director xeral tamén sinalou que o investimento en obra pública do Estado en Galicia, comparando os cinco primeiros meses de 2017 cos de 2018, multiplicouse por máis de 3 veces.
AVEIgnacio Maestro reiterou que a finalización das obras do AVE non é só un obxectivo da Xunta, senón que é un obxectivo estratéxico irrenunciable do conxunto do país. Por ese motivo, a pesar de tratarse dunha infraestrutura dependente da Administración Xeral do Estado, desde o Goberno galego asúmese como un deber seguir a súa evolución con puntual interese.
O Consello da Xunta analizou a semana pasada un informe sobre o estado actual e as previsións en relación coas obras da liña de alta velocidade entre Madrid e Galicia, que confirma a execución das actuacións por riba do 80 %, o que fai viable a circulación en probas a finais de 2019.
A Xunta veu insistindo no carácter prioritario do AVE ao anterior Goberno de España e así llo continuará trasladando ao novo Goberno. Ante esta postura esixente, o entón ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, brindoulle a Galicia un triplo compromiso de traballo, poñendo todos os recursos para cumprir ese prazo; de seguimento das obras; e de transparencia.
Gracias ao compromiso do anterior Goberno estatal acadouse o desbloqueo das obras nos 17 treitos paralizados, o avance na tramitación da variante exterior de Ourense, a mobilización entre 2017 e 2018 de máis de 900 millóns de euros en contratos de obras e a disposición dun cronograma claro.
Este traballo previo fixo posible que neste último mes se licitaran obras relacionadas con esta liña por valor de máis de 90M€ ou se adxudicaran, nos últimos meses, a subministración e transporte de travesas, balastro e carril por valor de 74 M€.
O director xeral reiterou que para manter os obxectivos fixados neste cronograma cada día conta e resulta imprescindible que o actual Goberno de España respecte a folla de ruta fixada. Engadiu que este compromiso deberá materializarse con licitacións no BOE, que a Xunta seguirá de preto.
- Te recomendamos -