O delegado territorial na Coruña informou que a Xunta de Galicia xa tiña orzamento este ano para acometer esta parte do proxecto pero hai que agardar a que o goberno local inicie a obra tras os retrasos acumulados
O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, anunciou que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional volverá a blindar orzamento para asumir o custe para executar os tramos interiores da pasarela CEIP Fontiñas para unir as aulas de educación infantil e o edificio de primaria. Neste senso, destacou que tras os retrasos acumulados polo goberno local no se puido executar a partida que tiña blindada este ano, tras o acordo de colaboración co concello, para facer a parte da obra que lle correspondía á Xunta de Galicia.
Neste senso, o representante do goberno autonómico apuntou que os retrasos acumulados na construción da pasarela son responsabilidade exclusiva do Concello e que a Xunta sempre estivo disposta a atender as necesidades deste centro educativo, cunha partida reservada para a conexión desta pasarela no espazo do centro educativo. A Delegación Territorial de Educación volverá a blindar orzamento para poder rematar a pasarela na parte que lle corresponda en canto o goberno local sexa capaz de executar a obra.
O delegado territorial lamentou a situación que teñen que vivir a diario os alumnos de infantil, sobre todo os días de choiva, porque o goberno local non cumpriu coa execución dunha obra que non supón unha gran inversión pero é totalmente imprescindible para evitar que os nenos de 3 a 6 anos se mollen dúas veces ao día. “Non entendemos por que non se priorizou unha actuación coma esta tan necesaria. Demostra desidia e falta de interese por parte do Goberno Local”, puntualizou.
O delegado territorial lembrou que a Xunta de Galicia cumpriu co seu compromiso de ampliar o centro para aumentar a capacidade do comedor e para contar con novas aulas cun investimento total de máis de 192.000 euros. Neste senso, destacou que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional cumpriu a palabra dada á dirección do centro e aos representantes das nais e pais do centro que xa dispoñen destas novas instalacións.
Coas obras realizadas pola Xunta de Galicia o edificio gañou espazo de nova construción e adaptou o xa existente co fin de mellorar a oferta educativa e a atención aos alumnos. O obxectivo último da ampliación foi dar resposta á demanda de prazas escolares neste centro educativo cunha mellora nas aulas e coa ampliación do espazo para o comedor. Concretamente, as antigas aulas unidas á ampliación permitiron dispoñer dun comedor moito más amplo e os espazos do antigo comedor vanse a empregar para habilitar dúas aulas novas.
Ovidio Rodeiro destacou “o grande avance que supón dispoñer dun novo espazo máis amplo para o comedor, que pasa de ter 90m2 a 201 m2”A Consellería de Educación está a realizar un forte esforzo económico para atender as necesidades educativas tanto no Concello de Santiago como en toda a comarca de Compostela. Non en balde, en 2018 investíronse máis de 3,4 millóns de euros en obras nos centros educativos de Santiago e área de influencia. Concretamente, en obras maiores se investiron 3 millóns de euros en 6 centros e 445.000 euros en obras menores, pero igualmente necesarias, en 24 centros de ensino da comarca de Santiago de Compostela.
- Te recomendamos -