Inicio Galicia A Xunta confirma a disposición do Ministerio a colaborar no plan de...

A Xunta confirma a disposición do Ministerio a colaborar no plan de recuperación de traballo tras a folga de xustiza

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo unha xuntanza co ministro de Xustiza, Rafael Catalá, para solicitar a implicación do goberno estatal na posta ao día dos xulgados galegos


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse hoxe en Madrid co ministro de Xustiza, Rafael Catalá, para solicitarlle a implicación do Ministerio na posta en marcha do Plan de recuperación do traballo nos xulgados galegos tras a folga dos traballadores da Administración de Xustiza. Durante o encontro, o ministro mostrou a disposición do Goberno estatal a colaborar nesta tarefa.

A colaboración do Ministerio é fundamental para axilizar ao máximo posible a recuperación do traballo, en tanto persoal como xuíces, letrados ou fiscais dependen directamente do Estado e dependería polo tanto deste organismo a remuneración do seu traballo extra.

Tras a reunión, a Xunta comprometeuse a achegar ao Ministerio un plan detallado das necesidades que habería que cubrir cando estea rematado. Esa concreción provirá do traballo que está realizando agora mesmo o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que, tras as reunións de coordinación da semana pasada, avaliará as tarefas que están atrasadas en cada xulgado.

Leer más:  Drones de la Axencia Galega de Emerxencias se suman a la búsqueda del hombre de 80 años desaparecido en Santiago

Para a Xunta é unha prioridade recuperar a normalidade nos xulgados galegos e, para conseguilo, ademais desta rolda reunións cos actores implicados, vai facer un importante esforzo sufragando as horas extra que sexan necesarias entre o persoal que depende da Administración autonómica. Ademais, xa empezou a reforzar os rexistros para axilizar a tramitación dos asuntos que tiveron entrada nos pasados meses.

Ademais desta xuntanza bilateral, o vicepresidente da Xunta tamén participou na reunión da Conferencia Sectorial de Xustiza onde, entre outros asuntos, se abordou a aplicación do Plan de cláusulas chan.

Segundo os últimos datos dispoñibles, neste primeiro trimestre estase detectando a nivel estatal unha baixada de entrada de asuntos relacionados con este tema. As comunidades autónomas coincidiron en que se pode producir un novo escenario que será analizado nun futuro co Consello Xeral do Poder Xudicial.

Ademais, propúxose a creación dun órgano estable de intercambio de información en materia de relacións laborais, que Galicia considerou un paso positivo. Por suposto, seguiríase respectando a capacidade das comunidades autónomas de tomar as decisións, pero este foro serviría para poñer en común as decisións que se toman en materia de relacións laborais e retribucións do persoal autonómico. 

Leer más:  Un anciano de ochenta años fallece en Vilardevós (Ourense) después de que su tractor volcara

- Te recomendamos -