Inicio Galicia A Xunta confía en que o novo Goberno central continúe coa tramitación...

A Xunta confía en que o novo Goberno central continúe coa tramitación do protocolo de colaboración no control das zonas de produción de moluscos bivalvos

0

A directora do Intecmar explicou que este protocolo foi entregado en febreiro polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, á exministra de Ministra de Sanidade, Dolors Montserrat e que xa estaba en tramitación

A Xunta confía en que o novo Goberno central continúe coa tramitación do protocolo de colaboración no control das zonas de produción de moluscos bivalvos. Este documento foi proposto pola Xunta ao Executivo central despois de que se coñecese que recaía en Galicia a parte máis importante do laboratorio europeo de referencia para o seguimento dos contaminantes virais e bacteriolóxicos de moluscos bivalvos, ubicado no Reino Unido; unha circunstancia que se produce como consecuencia do Brexit.

Así o explicou hoxe a directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño, Intecmar, Covadonga Salgado, en resposta a unha pregunta sobre este tema na Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego. Alí a directora do Intecmar expuxo que este documento foi entregado no mes de febreiro polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, á exministra de Sanidade, Dolors Montserrat, e que “xa estaba en tramitación”.

Leer más:  Se está investigando a un residente de Noia (A Coruña) después de descubrir una plantación de marihuana en una finca contigua a su casa

Covadonga Salgado explicou que no marco deste protocolo “ambas partes acordarían coordinar accións e intercambiar coñecementos para unha maior eficacia nos distintos campos de acción”. Ademais, no marco desta colaboración, o Intecmar comprométese a facilitar o acceso ás mostras necesarias para a organización de ensaios que necesite o Laboratorio Comunitario de Referencia. Tamén a aceptar visitas formativas para o persoal dos laboratorios nacionais de referencia, compartir a experiencia xestora nas zonas de produción en Galicia con Aecosan e cumprir coas funcións e responsabilidades do Laboratorio Nacional de Referencia de moluscos bivalvos.

A maiores Covadonga Salgado explicou que Aecosan e Intecmar programarán reunións de traballo ás que asistirán técnicos de ambas institucións, co fin de coordinar accións e intercambiar coñecementos en aras dunha maior eficacia nos distintos campos de acción.

O traballo de GaliciaA directora do Intecmar tamén lembrou o traballo realizado por Galicia para conseguir que recaese nela a designación deste Laboratorio Comunitario de Referencia. Este labor, explicou, comezou a raíz dos resultados do informe do Instituto Universitario de Estudos Europeos “Salvador de Madariaga” da Universidade da Coruña sobre as consecuencias do Brexit para a pesca galega. Este documento reflectía a posible oportunidade de albergar as funcións do Laboratorio Comunitario de Referencia para a Microbioloxía e Viroloxía dos Moluscos Bivalvos, localizado ata o 31 de decembro de 2018 no Reino Unido.

Leer más:  El PSdeG pide a la Xunta un Plan de Formación adicional para los profesionales de la salud

Neste sentido, Covadonga Salgado aclarou que en ningún caso se tratou dunha candidatura á que se puidera presentar un concello concreto. O que se buscou desde o primeiro momento, expuxo, foi que as funcións que realiza este laboratorio, as realizase algún dos xa existentes en Galicia, pasando así a ser laboratorio de referencia a nivel europeo.

Por iso, engadiu a directora do Intecmar, a Xunta mantivo contactos cos órganos competentes para traballar conxuntamente en acadar esa distinción para Galicia. Un recoñecemento “para o que a comunicade autónoma galega estaba e está perfectamente preparada polo coñecemento dos nosos profesionais neste eido”. A mediados de novembro, lembrou Covadonga Salgado, coñecíamos que podería recaer en Galicia a parte fundamental do actual laboratorio. Esta é a relacionada coa clasificación e o seguimento das zonas de produción de moluscos bivalvos, a que máis relevancia ten para a comunidade galega.

Non obstante, indicou a directora do Intecmar, as xestións continuaron, xa que o principal obxectivo de Galicia era acoller a totalidade das áreas deste laboratorio. De aí que en xaneiro de este ano a conselleira do Mar se reuniuse en Bruxelas co director xeral da DG Sante da Unión Europea. Nesa xuntanza a conselleira expuxo ao director xeral o interese de Galicia por facer un seguimento da evolución e do alcance da decisión da UE de dividir as competencias do laboratorio europeo de referencia para o seguimento dos contaminantes virais e bacteriolóxicos de moluscos bivalvos entre catro Estados membro a partir do 1 de xaneiro de 2019. Tamén puxo de relevo a experiencia das institucións galegas no eido dos moluscos bivalvos dada a relevancia socioeconómica do seu cultivo en Galicia.

Leer más:  Del Prestige a Pelegrín o la inacabable comisión de cajas: historia de las investigaciones políticas en el Parlamento

- Te recomendamos -