Inicio Galicia Ourense A Xunta conciencia aos escolares do CEIP Amadeo Rodríguez Barroso de Ourense...

A Xunta conciencia aos escolares do CEIP Amadeo Rodríguez Barroso de Ourense sobre os danos contaminantes dos plásticos no ambiente

0

A actividade forma parte da programación que a Xefatura territorial de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio está desenvolvendo este mes de xuño no que se conmemora o Día mundial do Medio Ambiente


Ao longo do mes de xuño a Xefatura Territorial de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio está a desenvolver na provincia múltiples actividades para para fomentar a sensibilización sobre o medio ambiente, con motivo da celebración do Día mundial do Medio Ambiente, que ten lugar cada 5 de xuño. Este ano o lema elixido para conmemorar esta data foi Un planeta sin contaminación por plásticos, polo que gran parte das actividades organizadas xiraron arredor desta temática.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou hoxe o CEIP Amadeo Rodríguez Barroso no que hoxe se desenvolveu unha xornada de educación ambiental, na que participou a totalidade do seu alumnado. Estivo acompañada polas xefas territoriais de Medio Ambiente e de Educación, Victoria Núñez e Luz Fernández, repectivamente.

Díaz Mouteira lembroulles aos escolares que “é unha obriga para todos o coidado e mantemento do noso medio ambiente e desexo que esta xornada servirá para concienciarvos un pouco máis da importancia da protección da natureza”. Ademais, a delegada territorial fixo fincapé no alto poder contaminante dos plásticos. Explicoulles que cada ano, preto de 8 millóns de toneladas de plástico terminan nos nosos océanos, o que equivale á descarga dun camión de lixo cada minuto e que na última década, producimos máis plástico que en todo o século pasado. Por isto animoulles a comprometerse a reducir o uso de plásticos no seu día a día.

Leer más:  COMUNICADO: Innovación educativa en el Fostering Dialogues organizado por UIC Barcelona

Os técnicos do Servizo provincial de Conservación da Natureza, a través de distintas actividades, achegaron tamén ao alumnado do centro educativo información para sensibilizalo sobre a fauna terrestre e flora, fauna piscícola e ríos e sobre os parques naturais da provincia.


- Te recomendamos -