A Xunta instalará no barrio vigués de Teis, na Avenida de Galicia, o semáforo que os veciños levan tempo reclamando. Así confirmoullo hoxe o delegado territorial, Ignacio López-Chaves, a representantes da Asociación Veciñal.
Segundo lles informou, a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), dependente da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, vén de dar o visto e prace a devandita instalación, co obxectivo de mellorar a seguridade peonil nesta transitada zona.
De forma inmediata iníciase a tramitación administrativa para a contratación da instalación do semáforo, que se prevé para comezos do ano 2019. O presuposto é de preto de 31.000 euros.
- Te recomendamos -