Inicio Galicia A Xunta completa o saneamento da ría do Burgo coa execución do...

A Xunta completa o saneamento da ría do Burgo coa execución do novo sifón que optimiza o funcionamento dos bombeos do Temple e A Pasaxe grazas a un investimento de 2 millóns de euros

0

Vázquez Mourelle explica que esta actuación, consistente nunha nova tubaxe de 1,4 quilómetros desde a rotonda do Che ata Ponte Pasaxe, onde conecta co colector existente, permitirá evitar os vertidos e un gran aforro enerxético


A Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, supervisou hoxe en Oleiros o remate das obras que completan o saneamento da ría do Burgo, un novo sifón que permite optimizar o funcionamento dos bombeos do Temple a Pasaxe, e nos que a Xunta investiu 2 millóns de euros.

Esta é a última das actuacións previstas no Plan de saneamento local no que a Administración autonómica leva investidos preto de 100 millóns de euros.

A obra supervisada hoxe consiste nunha nova tubaxe de 1,4 quilómetros de lonxitude que vai desde a rotonda do Che ata Ponte Pasaxe, onde conecta co colector existente que cruza baixo o leito da ría para levar as augas residuais ata a depuradora de bens.

Esta actuación permite eliminar os vertidos en momentos de chuvia, ademais dun importante aforro enerxético. A conselleira destacou que se trata dun dos sistemas máis eficientes para o transporte de augas residuais para optimizar os bombeos, ademais de incluír un sistema de tratamento de olores, un sistema auxiliar de limpeza e un sistema de supervisión e tele-control do funcionamento da instalación.

Leer más:  La primera semana de octubre, Juan Carlos I, Felipe VI y Leonor se encontrarán en distintas ubicaciones de la ría de Pontevedra

A maiores, esta actuación, completouse con pequenas melloras complementarias noutros puntos da rede, para aumentar a capacidade do bombeo das augas e a súa fiabilidade.

Vázquez Mourelle incidiu en como a construción do sifón da Pasaxe vén a sumarse a outras actuación xa rematadas e enmarcadas no Plan de saneamento local da ría do Burgo e da Costa de Oleiros, como é o tanque de tormentas de Santa Cruz rematado hai uns meses.

A conselleira salientou que con estas iniciativas a Xunta dá cumprimento á palabra dada e ao compromiso de sanear a ría do Burgo. Deste xeito, remarcou, a través de Augas de Galicia consúmase este ambicioso proxecto que naceu para acadar o bo estado ecolóxico deste importante espazo intermareal.

Lembrou o traballo intenso e os esforzo para sacar adiante todos os proxectos planificados para os catro concellos que miran á ría, A Coruña, Cambre, Culleredo e Oleiros. E defendeu a aposta firme e decidida da Administración autonómica polo saneamento da ría do Burgo, que se traduce en actuacións e investimentos concretos e que a Xunta agarda teñan a súa continuidade por parte do Goberno central.

Leer más:  Del Prestige a Pelegrín o la inacabable comisión de cajas: historia de las investigaciones políticas en el Parlamento

Indicou que o Executivo autonómico está pendente do cumprimento do compromiso do Ministerio para a Transición Ecolóxica de executar o dragado da ría. Unha actuación de rexeneración do litoral, de competencia estatal, para o que xa dispón dun proxecto con declaración de impacto ambiental que debe empezar.

Este novo sifón, abundou Ethel Vázquez, é un dos sistemas máis eficientes de transporte de augas residuais co que se optimizarán os bombeos existentes, ademais inclúe un sistema de tratamento de olores, un sistema auxiliar de limpeza e un sistema de supervisión e tele-control do funcionamento da instalación. A maiores, esta actuación, completouse con pequenas melloras complementarias noutros puntos da rede, para aumentar a capacidade do bombeo das augas e a súa fiabilidade.  


- Te recomendamos -