Inicio Galicia A Xunta comparte experiencias de dinamización xuvenil con profesionais deste ámbito procedentes...

A Xunta comparte experiencias de dinamización xuvenil con profesionais deste ámbito procedentes de seis países europeos

0

O encontro enmárcase no proxecto E-Inclusión impulsado ao abeiro do programa Erasmus+ polo concello de Rodeiro e a Consellería de Política Social

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta, Cecilia Vázquez, recibiu esta maña no Centro Coordinador de Información Xuvenil a unha comitiva de seis países que participa na iniciativa E-Inclusión do programa Erasmus+: Xuventude en Acción, impulsado polo concello de Rodeiro co e a Consellería de Política Social. Trátase de profesionais no ámbito da xuventude que desde o pasado venres e ata pasadomañá xoves están a coñecer os programas de dinamización xuvenil que se desenvolven en Galicia.

Máis en concreto, a delegación está formada por informadores xuvenís, responsables de políticas de xuventude así como educadores ou técnicos procedentes das localidades italianas de Taormina (Sicilia) e Gavoi (Cerdeña), a cidade sueca de Gotemburgo, Londres (Reino Unido), Milvus (Eslovaquia) e Vilnius (Lituania). O programa de actividades permitirá a esta delegación coñecer exemplos de boas prácticas impulsadas desde Galicia no campo da inclusión e da mellora da empregabilidade dos mozos e mozas.

Leer más:  Feijóo se siente tranquilo ante la comisión de investigación gallega sobre varios contratos de la Xunta

Cecilia Vázquez explicou que a delegación terá a ocasión de coñecer en profundidade da man de responsables na toma de decisións a estratexia para mellorar as oportunidades da mocidade para a súa inclusión e participación na sociedade. Tamén visitará institucións democráticas como o Parlamento de Galicia e entidades sociais que traballan a prol da total inclusión no ámbito da diversidade funcional, como o centro Down Compostela.

Ademais, a directora xeral apuntou que o programa europeo Erasmus+ ten entre os seus obxectivos específicos mellorar o nivel de aptitudes e competencias dos mozos e mozas, promover a participación na vida democrática en Europa e no mercado de traballo, así como fomentar a cidadanía activa, o diálogo intercultural, a inclusión social e a solidariedade. Así mesmo, indicou que outra das finalidades desta iniciativa europea é posibilitar ás persoas que traballan no ámbito da xuventude e á xente nova maiores oportunidades de mobilidade por motivos de aprendizaxe, ao tempo que se potencia a dimensión internacional das actividades xuvenís e o papel dos traballadores e organizacións no eido da xuventude.


- Te recomendamos -