A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, asistiron esta maña á inauguración do programa no centro sociocultural de Lestedo
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, asistiron á inauguración do programa Mergúllate, posto en marcha por Acadar para prestar unha atención especializada a mulleres con discapacidade e que residen en concellos rurais ou zonas pouco poboadas.
Susana López Abella indicou a importancia de fomentar a participación das mulleres con discapacidade que viven en zonas rurais, mediante a visibilidade da muller rural, a promoción de emprendemento, a conciliación da vida familiar e laboral e o fomento do uso das TIC. Lembrou ademais que no VII Plan estratéxico de Galicia para a Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2017-2020, establece que entre os obxectivos específicos establécense potenciar o empoderamento individual das mulleres tendo en conta a súa diversidade, apoiar o empoderamento das mulleres rurais e fortalecer o movemento asociativo feminino.
O programa Mergúllate é un servizo de atención personalizada e especializada ás mulleres con discapacidade, que leva a cabo a Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia e está financiado pola Secretaría Xeral da Igualdade con 35.000 euros a través da orde de iniciativa social para entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.
O seu obxectivo é prestar unha atención personalizada e multidisciplinar, a través de actuacións como servizos de orientación e información obre recursos, atención psicolóxica, asesoramento xurídico, mediación intercultural ou familiar, mellora da adquisición de habilidades sociais básicas, e apoio e orientación laboral.
- Te recomendamos -