Inicio Galicia A Xunta colabora con Femuro e Fademur para levar a cabo accións...

A Xunta colabora con Femuro e Fademur para levar a cabo accións de sensibilización fronte á violencia de xénero e apoio ás vítimas no medio rural

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asinou dous convenios de colaboración esta mañá por importe de 30.000 euros


A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asinou dous convenios de colaboración coa presidenta da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (Fademur), Rosa Arcos e coa presidenta da Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro), Isabel Garrido para o desenvolvemento de accións de sensibilización fronte á violencia de xénero e apoio ás súas vítimas no medio rural.

Segundo indicou López Abella hoxe ponse en marcha a colaboración con estas dúas federacións, xa que é a primeira vez que a Xunta asina convenios con ambas. A Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia está integrada por 57 asociacións de mulleres rurais de ámbito local e comarcal e a Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense, está composta por 68 asociacións de mulleres rurais que se atopan en núcleos rurais da provincia de Ourense integrando unhas 7.000 mulleres do medio rural da provinciaO importe de cada convenios ascende a 15.000 euros, e teñen como obxectivo levar a cabo, por unha banda de accións de sensibilización e formación no eido da violencia de xénero, así como a través de accións de apoio e atención ás vítimas da violencia de xénero, e os seus fillos e fillas.


- Te recomendamos -