O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe o concello para coñecer de primeira man os resultados das subvencións postas en marcha polo seu departamento
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe o concello de Moraña para coñecer de primeira man os resultados da orde de subvencións posta en marcha polo seu departamento para colaborar con asociacións veciñais de toda Galicia e acometer investimentos que redunden na mellora da calidade de vida local e na dinamización do movemento veciñal.
Desde a posta en marcha desta convocatoria, téñense concedido un total de 626 axudas en toda Galicia, que ascenden a un investimento de 6,4 millóns de euros.
En Moraña, resultaron beneficiarias un total 12 asociacións de veciños e comunidades de usuarios de auga. Só nos dos últimos anos, o investimento en todas elas ascendeu a máis de 200.000 euros, que se destinaron obras pequenas pero moi necesarias como melloras na rede de abastecemento e traídas, ou no acondicionamento de locais sociais.
En concreto, o vicepresidente da Xunta coñeceu hoxe os investimentos realizados pola asociación de veciños de desenvolvemento rural Alberguería, que recibiu subvencións para o equipamento do seu local social e para un parque biosaudable, que se suman ao financiamento do que dispuxeron o ano pasado para a construción dunha pista multideporte.
- Te recomendamos -