A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitaron esta mañá a sede da Mancomunidade
A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitaron esta mañá a sede da Mancomunidade do Carballiño.
Na visita na que estiveron acompañadas polos alcaldes de O Irixo e Piñor, así como da tenente de alcalde de Boborás, Marta Fernández-Tapias indicou que o Goberno galego ao abeiro da liña do Fondo de Compensación Ambiental, destinou máis de 55.000 euros para a adquisición dun tractor con rozadora destinado a labores ambientais nos concellos membros da mancomunidade.
O Fondo de Compensación Ambiental, unha iniciativa posta en marcha no ano 2010 e que permitiu que por vez primeira os concellos galegos puideran beneficiarse directamente da explotacións eólicas, posto que as actuacións que se realizan son financiadas a través do canon eólico.
A Xunta continúa así a desenvolver medidas para potenciar e apoiar a prestación de servizos por parte dos nosos concellos, como Administración máis próxima aos administrados, converténdoos en motores do desenvolvemento económico rexional, co obxectivo último de garantir un equilibrio no territorio galego entre o medio rural e urbano, o interior e a costa que permita o desenvolvemento económico da totalidade do territorio.
- Te recomendamos -