Inicio Galicia A Xunta colabora coa asociación Érguete na formación en igualdade de xénero...

A Xunta colabora coa asociación Érguete na formación en igualdade de xénero con mulleres reclusas no centro penitenciario de A Lama

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella participou na clausura do programa Mirate no centro penitenciario


Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2018.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella indicou hoxe a importancia da formación en materia de Igualdade no marco da clausura do programa Mírate posto en marcha no centro penitenciario de A Lama, no que participaron 45 mulleres.

Susana López Abella indicou que este programa conta cunha subvención da Secretaria Xeral da Igualdade, a través da Orde de Entidades de Iniciativa Social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, que contou cunha axuda de preto de 22.000 euros.

Dende o ano 2009, a Xunta subvencionou este programa de intervención dende unha perspectiva de xénero con mulleres privadas de liberdade cun orzamento global que acadou máis de 195.000 euros.

Segundo explicou López Abella, a situación de homes e mulleres en prisión presenta características antagónicas, polo que consideramos fundamental, contribuír a visibilizar e abordar situacións específicas de intervención integral das mulleres partindo desde unha perspectiva de xénero.

O programa levado a cabo no centro penitenciario de A Lama pretende fomentar, o auto coidado das mulleres privadas de liberdade e promover a súa autoestima e desenvolvemento persoal. 


- Te recomendamos -