Inicio Galicia A Xunta colabora co concello de Pobra de Trives na adquisición dun...

A Xunta colabora co concello de Pobra de Trives na adquisición dun vehículo centrado en tarefas medioambientais

0

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitaron esta mañá o concello ourensá


A Xunta colabora co concello de Pobra de Trives na adquisición dun vehículo todoterreo destinado á Policía Local e centrado en tarefas medioambientais, cunha axuda de 29.800 euros.

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitaron esta mañá o concello de Pobra de Trives, acompañadas polo alcalde da localidade, Domingo Diéguez.

Marta Fernández-Tapias, indicou que grazas á compra deste vehículo por parte do concello, reforzase e mellorase a xestión das situacións de sinistro e risco e as tarefas de carácter medioambiental que leva a cabo no concello, xa que está dentro da Rede Natura e conta con zona de especial conservación (ZEC) con zona de especial protección para aves ( ZEPA).

A Xunta continúa así a desenvolver medidas para potenciar e apoiar a prestación de servizos por parte dos nosos concellos, como Administración máis próxima aos administrados, e nesta senso cabe destacar que Pobra de Trives contou con subvencións de varias liñas de axudas da Vicepresidencia por máis de 191.000 euros.


- Te recomendamos -