Inicio Galicia A Xunta colabora co concello de Oleiros para mellorar o firme da...

A Xunta colabora co concello de Oleiros para mellorar o firme da avenida Rosalía de Castro, en Perillo

0

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda comprométese a subvencionar a execución das obras de pavimentación na estrada autonómica AC-175

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda colaborará co Concello de Oleiros para mellorar o firme da avenida Rosalía de Castro, no núcleo de Perillo, cun investimento de máis de 96. 000 euros.

Este investimento do departamento de infraestruturas da Xunta materializarase a través da sinatura dun convenio con Concello de Oleiros, segundo vén de acordarse desde o Goberno galego.

Mediante este acordo, a Xunta comprométese a subvencionar a execución das obras de pavimentación na estrada autonómica AC-175, ao seu paso polo Concello de Oleiros, cun investimento de máis de 96.000 euros. Pola súa banda, o concello ten redactado o proxecto construtivo no que se define a actuación e contratará e executará as obras.

O Concello de Oleiros precisa renovar o firme da calzada da avenida Rosalía de Castro, en Perillo, como actuación complementaria da que tamén ten prevista para renovar os servizos municipais e as beirarrúas nesta avenida.

A actuación que pretende realizar o Concello de Oleiros, e que a Xunta subvenciona a través do departamento de Infraestruturas, ten por obxecto renovar o firme da calzada, que se atopa en deficiente estado de conservación, para o que se intervirá no fresado e reposición da capa de rodadura e repintado de marcas viariasAdemais, a administración local comprométese a asumir a titularidade da estrada AC-175, no treito que se corresponde coa avenida Rosalía de Castro, dunha lonxitude de 0,55 km. O tramo obxecto do cambio de titularidade iníciase en Perillo, na glorieta de intersección coa AC-174 e as rúas e finaliza no ramal do enlace entre a AC-12 e a AC-173.

Coa transferencia da titularidade deste treito da estrada AC-175, que discorre polo núcleo urbano de Perillo, trátase de racionalizar as titularidades da rede viaria para favorecer a explotación da infraestrutura desde o punto de vista municipal.

O Decreto para o cambio de titularidade da AC-175 será elevado nas próximas semanas ao Consello da Xunta para a súa aprobación 


- Te recomendamos -