O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda visitou hoxe a actuación, levada a cabo grazas á Orde de Infraestruturas acompañado da alcaldesa, Luisa Piñeiro
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda acompañado da directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, visitou hoxe o concello de Moraña, onde comprobou da man da súa alcaldesa, Luisa Piñeiro as actuacións levadas a cabo na carballeira de Santa Lucía.
Concretamente, grazas á orde de infraestruturas de uso público levouse a cabo, en colaboración co concello, a instalación da iluminación pública na carballeira de Santa Lucía cun orzamento que supera os 42.000 euros. Este ano o concello ten solicitado axudas para a pavimentación de viais e grazas ás axudas de anos anteriores, levou a cabo o acondicionamento de pavillóns e zonas infantís.
A Orde de Infraestruturas destinou o ano pasado máis de 3,6 millóns de euros para actuacións que redundan no benestar da cidadanía galega, con actuacións en mais de 120 concellos, entre as que están instalacións deportivas, prazas, parques infantís, paseos e distintas dependencias municipais.
Ademais, esta colaboración cos concellos complementase coas axudas do Fondo de Cooperación Local, dotado con case 120 millóns de euros, o Fondo de Compensación Ambiental ou a orde de Medio Ambiente, dotada con máis de 4 millóns, dirixida tamén aos concellos para crear ou mellorar infraestruturas e equipamentos urbanos.
- Te recomendamos -