Inicio Galicia A Xunta colabora co concello de Curtis en actuacións de mellora enerxética...

A Xunta colabora co concello de Curtis en actuacións de mellora enerxética grazas ao Fondo de Compensación Ambiental

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou a importancia da colaboración entre a administración autonómica e a local con actuacións que redunden directamente no benestar dos cidadáns

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández Tapias comprobaron hoxe de primeira man as actuacións de mellora enerxética levadas a cabo no concello de Curtis, acompañados polo alcalde da localidade, Javier Caínzos.

Este concello ten recibido nos últimos anos máis de medio millón de euros ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental, unha iniciativa posta en marcha no ano 2010 e que permitiu que por vez primeira os concellos galegos puideran beneficiarse directamente da explotacións eólicas, posto que as actuacións que se realizan son financiadas a través do canon eólico.

Concretamente, no caso de Curtis, grazas a estas axudas levaronse a cabo divesas iniciativas de mellora enerxética, creación de sendas peonís, un punto limpo, e distintos proxectos ambientais. Proxectos que supoñen unha mellora ambiental e que redundan no beneficios da xente da comarca, xa que ademais levaron a cabo algún deles en colaboración cos concellos veciños, como Sobrado e Vilasantar, o que incrementa as posibilidades de recibir financiamento e supón un exemplo de xestión compartida de recursos e de prestación conxunta de servizos por parte de concellos limítrofes.

A Xunta continúa así a desenvolver medidas para potenciar e apoiar a prestación de servizos por parte dos nosos concellos, como Administración máis próxima aos administrados, converténdoos en motores do desenvolvemento económico rexional, co obxectivo último de garantir un equilibrio no territorio galego entre o medio rural e urbano, o interior e a costa que permita o desenvolvemento económico da totalidade do territorio.

Este ano, o orzamento do Fondo de Compensación Ambiental, así como da Orde de Infraestruturas -tamén dirixida a concellos-, supera entre ambas os 13 millóns de euros.


- Te recomendamos -