Inicio Galicia A Xunta cederá catro vehículos de emerxencias á comarca do Barbanza cun...

A Xunta cederá catro vehículos de emerxencias á comarca do Barbanza cun investimento de máis de 100.000 euros

0

A Xunta dotará a Lousame, Mazaricos, Outes e A Pobra de Caramiñal de equipamento de emerxencias destinados aos concellos de menos de 50.000 habitantes que teñen Agrupacións de Protección Civil

Ribeira (A Coruña), 22 de novembro de 2018.- O delegado territorial, Ovidio Rodeiro, informou da orde de axudas resolta esta semana para a cesión de equipamento de emerxencias aos concellos e menos de 50.000 habitantes que teñen AVPC, concedidas ao abeiro Orde do 2 de agosto de 2018.

A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, dotará de catro vehículos na comarca do Barbanza aos concellos de Lousame, Mazaricos, Outes e a Pobra do Caramiñal que suporán un investimento de máis de 100.000 euros. No ámbito provincial a Xunta de Galicia cederá vehículos a 14 concellos cun investimento global de máis de 357.000 euros.

O delegado territorial destacou que “en calquera tipo de emerxencias é conveniente contar, ademais dos propios medios da comunidade autónoma con outros dos que esta non dispón, optimizando recursos e orzamentos, colaborando cos concellos en materia de protección civil e emerxencias, na prevención de riscos e na intervención naqueles casos que os riscos se actualizan converténdose en graves accidentes e emerxencias”.

Neste senso apuntou que “dende A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza apostouse por dotar aos servizos municipais dos medios necesarios e dun equipamento adecuado que posibilite e redunde nun mellor coñecemento das áreas de intervención ante determinadas emerxencias co fin de acadar un maior grado de seguridade para os seus membros e para a poboación afectada”.

Así, a Unión Europea incidiu neste campo a través dos Programas Operativos FEDER de Galicia 2007-2013 e agora no 2014-2020, Eixe 5, Tema prioritario 5.2, “Promover a adaptación ao cambio climático a prevención e xestión de riscos” a través da mellora de Infraestruturas, instalacións e equipamento destinados á prevención e xestión de riscos, nos ámbitos das emerxencias e protección civil, tendo como obxectivo fundamental o desenvolvemento do Plan Emerxe a través dun conxunto de actuacións relacionadas coa actualización dos distintos plans de prevención e seguridade existentes, actualización da normativa de protección civil e de emerxencias, así como, a mellora das infraestruturas e equipamento e mellora da cobertura transfronteiriza.

Neste marco, esta Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza executou mais de 10 millóns euros, no que vai dende o ano 2015 ao 2018 no programa cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional “FEDER”,.

Dende a Xunta de Galicia decidiuse investir en equipamento de emerxencias para a súa posterior cesión aos concellos que teñan agrupacións de voluntarios de protección civil “AVPC”, para que sexan utilizados por estas en programas de prevención de riscos e primeiras intervencións en emerxencias, fundamentalmente provocadas por fenómenos meteorolóxicos adversos ou incendios forestais, previndo danos aos cidadáns, aos seus ben e ó ambiente ou, no caso de que estes se actualicen, a minorar as súas consecuencias no posible.

Entendeuse que a mellor forma de adquirir este equipamento era a través dun contrato de subministro por lotes baseándonos nos seguintes criterios:• É equipamento semellante en canto a súa utilidade finalista.• Todo o equipamento será cedido aos concellos en concorrencia competitiva.• A distribución vai ser mediante unha orde de subvencións en especie na que poderán participar todos os concellos menores de 50.000 habitantes que dispoñan dunha AVPC.• Cada concello peticionario poderá solicitar un equipamento por lote por orden de preferencia.• O feito de saír todo no seu conxunto ao mesmo tempo, permite a cada concello pode solicitar preferentemente en función das súas necesidades mais perentorias.• Convertemos a tarefa administrativa mais áxil e, polo tanto, conséguese unha redución nos tempos de adquisición e cesión final do equipamento.

No presente ano foi adquirido o seguinte material: EQUIPAMENTOS DE EMERXENCIAS

CONCELLOS


- Te recomendamos -