Inicio Galicia A Xunta busca impulsar en Galicia un sector dos contidos dixitais máis...

A Xunta busca impulsar en Galicia un sector dos contidos dixitais máis forte e competitivo

0

É un dos obxectivos principais do Plan DICO Mindset, elaborado pola Amtega, en colaboración cos Clústers TIC e do Audiovisual e os axentes do sector


A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, interveu esta mañá na presentación do Congreso Internacional Mundos Dixitais, onde sinalou que o sector dos contidos dixitais está chamado a ter un papel clave na implantación de produtos e servizos innovadores en sectores vencellados á economía dixital en todo o mundo.

A responsable do departamento tecnolóxico da Xunta destacou a convicción da Administración autonómica de que Galicia ten que posicionarse neste ámbito para competir na nova economía dixital.

Por iso, desde a Amtega en colaboración co Clúster TIC e o Clúster Audiovisual de Galicia, e cos principais axentes do panorama dos contidos dixitais, elaborouse o Plan DICO Mindset, para fomentar a competitividade dixital dun sector con 900 empresas e máis de 5.000 empregados en Galicia.

Proxectos TractoresA Xunta ten en marcha diferentes proxectos tractores neste ámbito e que poden ser de interese de cara a novas liñas de negocio para empresas tecnolóxicas e audiovisuais.

Leer más:  Incautan 104 litros de licor sin etiquetar escondidos en bidones de plástico en un bar de Santa Comba (A Coruña)

Por unha banda, están as iniciativas para a dixitalización do patrimonio cultural galego enmarcadas na Memoria Dixital de Galicia para universalizar o acceso do patrimonio material e inmaterial da Comunidade a través da Rede.

No ámbito da educación e dentro do Proxecto Abalar, a Xunta ten en marcha a entrada en funcionamento dun novo espazo de contidos educativos baseados en tecnoloxías innovadoras, DIxit. Ademais, estase a impulsar a creación de produtos ou servizos innovadores con base nos contidos dixitais en áreas como o turismo.

Outra das liñas de actuación do Plan é da colaboración coa CRTVTG para incorporar tendencias interactivas nas súas emisións, avanzando no posicionamento da televisión pública autonómica nos novos hábitos de consumo.

Colaboración Mundos DixitaisO Plan busca tamén mellorar as capacidades dos profesionais do sector. O impulso das vocacións científico tecnolóxicas entre os máis novos e a especialización dos profesionais son obxectivos estratéxicos da Axenda Dixital de Galicia.

Por iso una das liñas de colaboración da Amtega, se concreta no obradoiro nesta nova edición de Mundos Digitales “Kids&teens lab”, unha actividade promovida no marco das actuacións para impulsar o talento dixital entre os máis novos tamén coa colaboración do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática. Rapaces de 14 a 18 anos terán a oportunidade de aprender a crear personaxes de animación en 3D.

Leer más:  Las cuatro provincias gallegas tienen puntos con mala calidad del aire debido a los incendios de Portugal

Ademais, o coñecemento de novas tendencias é chave para abrir novas liñas de negocio, por iso desde a Axencia quixemos apoiar tamén o espazo “Out of the box” desta edición.

O Congreso Internacional Mundos Dixitais reunirá na Coruña, do 5 ao 7 de xullo, a profesionais de ámbito nacional e internacional do mundo da animación, a realidade virtual, os videoxogos e a arquitectura dixital.


- Te recomendamos -