O DOG recolle o anuncio no que se aproba o expediente de información pública deste plan, que prevé actuar en 39 puntos de 23 estradas autonómicas, 24 situados na provincia da Coruña, 5 na de Lugo, 1 en Ourense e 9 en Pontevedra
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación do expediente de información pública e definitivamente do Plan de acción contra a contaminación acústica en distintas estradas autonómicas das catro provincias, que contan cun investimento de 3,3 millóns de euros.
O obxectivo deste Plan é reducir a contaminación acústica que se concentra en contornos residenciais, docentes e sanitarios, priorizando os criterios de intensidade da exposición ao ruído e de extensión da afección que este produce a un número salientable de cidadáns.
As principais actuacións propostas polo Plan van encamiñadas ao calmado do tráfico -con solucións coma a limitación da velocidade, a instalación de sinalización ou semáforos e a reordenación da sección da estrada-, prevíndose tamén solucións coma a renovación do firme ou a instalación de barreiras acústicas en puntos determinados.
En concreto, prevese actuar en 39 puntos de 23 estradas autonómicas, 24 situados na provincia da Coruña, 5 na provincia de Lugo, 1 en Ourense e 9 na provincia de Pontevedra.
Plan de Acción contra o Ruído Este Plan de acción contra o ruído recolle unha estratexia de actuación con obxectivos a curto e longo prazo para reducir a contaminación acústica.
A consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén así de aprobar o Plan do Acción contra o ruído, para redactar en 2019 os proxectos resultantes do plan e iniciar en 2020 a execución das obras.
Sinalar que este Plan incorpora as alegación presentadas ao mesmo no proceso de información pública aberto o pasado 9 de xullo, eliminando as acciones previstas no tramo da AC-115 comprendido entre os puntos quilométricos 2+800 e 2+900, atendendo a suxestión presentada polo Concello de Neda. No seguinte enlace ao DOG pode consultarse a información: https://bit.ly/2QNphQyA Consellería de Infraestruturas e Mobilidade puxo en marcha este Plan para adaptarse á directiva 2002/49/CE da Unión Europea sobre avaliación e xestión do ruído ambiental, así como á Lei 37/2003 de ruído, que traspón ao ordenamento xurídico español a dita directiva.
- Te recomendamos -