Inicio Galicia A Xunta aproba de xeito definitivo a solución técnica para as instalacións...

A Xunta aproba de xeito definitivo a solución técnica para as instalacións que a empresa Vestas ten en Viveiro

0

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda tomou a iniciativa para desbloquear un problema que se prolongaba no tempo e busca apoiar a continuidade e futuro dunha das empreses máis importantes da comarca

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da Axencia Galega de Infraestruturas pola que se aproba de xeito definitivo a solución técnica promovida polo Goberno galego para as instalacións que a empresa Vestas ten en Viveiro.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda dá por finalizado o procedemento que autoriza a redución da liña límite de edificación da estrada autonómica LU-161 Landrove (LU-540)-Ferreira do Valadouro (LU-160) no treito situado entre os puntos quilométricos 2+430 a 2+690, de tal xeito que a factoría xa non invade o espazo reservado a esta estrada autonómica.

O remate deste proceso contribúe a apoiar a continuidade e futuro dunha das empresas máis importantes da zona, tanto polo número de empregos que xera, como pola actividade económica a ela aparellada. A administración autonómica tomou a iniciativa ante unha situación que se estaba prolongando no tempo e en vista á falta de solucións alternativas. A proposta foi aceptada polo Concello de Viveiro.

Con esta solución o treito no que se establece a redución de anchura permitirá liberar as edificacións xa construídas pois a situación anterior provocaba inconvenientes entre outras cuestións para obter permisos de obra e impide posibles ampliacións, ou deixa fóra de ordenación espazos industriais en uso.  


- Te recomendamos -