Inicio Galicia A Xunta aposta por atraer navegantes e visitantes aos portos de Galicia...

A Xunta aposta por atraer navegantes e visitantes aos portos de Galicia coa súa presenza en salóns náuticos de Europa

0


A secretaria xeral técnica da Consellería do Mar, Isabel Concheiro, puxo de relevo hoxe en Camariñas a aposta da Xunta na promoción de Galicia como destino náutico e portuario. Neste sentido, lembrou que a Xunta deseñou unha estratexia de promoción que aspira a incrementar as visitas nas dársenas galegas, en colaboración coas entidades náuticas galegas que así o quixeron. Dentro dela, expuxo a secretaria xeral, enmárcase a presenza nos distintos salóns náuticos que se celebran en Europa en lugares como Cork, Lisboa, Porto, Southampton, París e Dusseldorf.

Así o destacou Isabel Concheiro durante a inauguración da II Feira Náutica de Camariñas, FENAUCAM 2018, unha iniciativa ideada polo Club Náutico de Camariñas, que se celebra durante esta fin de semana e que o ano pasado acadou 3.500 visitas. Esta feira alberga espazos para embarcacións, motonáutica, equipamentos e accesorios, estaleiros, despeces e talleres, turismo náutico, mergullo, pesca recreativa, seguridade marítima, electrónica mariña e roupa náutica, entre outros. Ademais desta oferta de produtos e servizos das empresas participantes, haberá conferencias, proxeccións audiovisuais, exposicións de fotografía, artigos e documentos referentes ao campo da náutica. Tamén hai unha parte con postos de empresas relacionadas co mundo do mar.


- Te recomendamos -