Inicio Galicia A Xunta aposta pola transparencia e modernización de todas as administracións para...

A Xunta aposta pola transparencia e modernización de todas as administracións para prestar un mellor servizo á cidadanía

0

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, participou hoxe na clausura do II Congreso Red Localis

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, participou hoxe na clausura do ‘II Congreso Red Localis’, onde destacou a importancia da transparencia e modernización de todas as administracións para prestar un mellor servizo á cidadanía.

Nos últimos anos, tense producido unha importante evolución normativa, especialmente en materia de transparencia, contratación pública e administración electrónica. Ante estes novos retos, a Xunta ten realizado un importante esforzo por adaptarse e por colaborar ademais na implementación destas medidas no seo administración local, que pode atopar máis dificultades á hora de incorporar estas novidades pola falta de medios.

Neste sentido, cómpre destacar, por exemplo, iniciativas como a posta en marcha do Portal de transparencia local de Galicia, en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Red Localis e a Universidade de Vigo, para que todos os concellos, con independencia dos seus medios, poidan acadar o nivel de transparencia esixido pola normativa actual.

Leer más:  Feijóo se siente tranquilo ante la comisión de investigación gallega sobre varios contratos de la Xunta

Por último, a directora xeral puxo en valor a necesidade de encontros como o Congreso celebrado hoxe, que permiten poñer en común os diversos problemas aos que se enfronta o mundo local e buscar, de forma conxunta, posibles solucións aos mesmos. 


- Te recomendamos -