Inicio Galicia A Xunta aposta pola transformación de produtos do mar para aportar valor...

A Xunta aposta pola transformación de produtos do mar para aportar valor ao produto e favorecer a xeración de riqueza

0


A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, puxo hoxe de relevo en Vigo a importancia de obter máis valor engadido dos produtos do mar e puxo como exemplo a industria transformadora. Esta actividade, expuxo, “abre a porta de saída e de entrada dos produtos do mar de Galicia; unha porta que nos leva polo camiño da creación de emprego, da xeración de riqueza e de respecto pola sustentabilidade”. Iso conséguese, engadiu, traballando unidos e puxo de relevo como mostra desa unidade o Plan estratéxico da industria conserveira galega: Horizonte 2020.

Así o subliñou a directora xeral durante no acto de conmemoración do Día da Conserva ao que tamén asistiu o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves e no que o Museo ANFACO da Industria Conserveira presentou parte da colección do arquivo da antiga fábrica de conservas Bernardo Alfageme. Alí Mercedes Rodríguez tamén lembrou que Galicia é a comunidade española que maior relevancia ten na industria de comercialización de produtos do mar. Neste sentido, sinalou que a comunidade autónoma galega aporta a este sector o 45% do tecido empresarial, con máis de 200 empresas; máis do 60% do valor económico global, con máis de 6.100 millóns de euros, e o 57% do cómputo total de emprego, o que se traduce en máis de 13.200 postos de traballo.

Leer más:  Un camionero fallece al ser embestido por un vehículo después de descender del camión por un pinchazo en una rueda en la A-52 en Toén (Ourense)

- Te recomendamos -