Inicio Galicia A Xunta apoia o campionato galego de voleibol benxamín e alevín coa...

A Xunta apoia o campionato galego de voleibol benxamín e alevín coa súa marca Galega 100%

0

Ademais de patrocinar o evento, a consellería entregará 600 bricks de leite durante o evento deportivo

A Consellería do Medio Rural segue a promocionar o consumo de leite da marca Galega 100%, especialmente entre os máis novos. Para iso, desta vez será a patrocinadora do campionato galego de voleibol de categorías benxamín e alevín que se celebrará en Ourense este sábado día 28.

A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, participou na presentación deste evento xunto co alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o presidente da Federación Galega de Voleibol, José Antonio Luna. Alí a responsable de Medio Rural explicou que a participación da consellería incluirá o reparto de 300 bolsas, outros tantos folletos informativos e 600 mini bricks de leite. Ademais, Belén do Campo adiantou que se está preparando unha colaboración similar para o torneo de Volei Praia Galega 100%.

A directora xeral explicou que este tipo de patrocinios “van máis aló da promoción dun produto de calidade”. “Pretenden incidir nos hábitos dos consumidores, xa que estamos a ver como o consumo de leite está a diminuír, tamén entre os máis novos”, sinalou Do Campo. Por iso, dende a Xunta de Galicia, impúlsanse campañas e finánciase por completo o programa de axuda de leite escolar para aumentar o consumo de leite entre os rapaces. 


- Te recomendamos -