Inicio Galicia A Xunta apoia con máis de 514.000 euros a mellora da...

A Xunta apoia con máis de 514.000 euros a mellora da competitividade do comercio de proximidade na comarca da Coruña

0

O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña visitou o mercado das Conchiñas coa asociación de praceiros, unha das beneficiarias das axudas que a Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de resolver


O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, realizou hoxe un percorrido polo mercado das Conchiñas da Coruña, acompañado polos representantes da asociación de comerciantes e empresarios desta praza, unha das beneficiarias das axudas que a Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de resolver, coas que se apoia ás asociacións de comerciantes e ao comercio de proximidade da comarca.

Así cos apoios públicos de 514.000 euros concédense un total de 67 axudas coas que se beneficia a comerciantes e artesáns, centros comerciais abertos, asociacións das prazas de abastos, federacións e asociacións de ámbito superior ao municipal, mobilizando un total de 885.00 euros co obxectivo de fomentar un novo modelo comercial intelixente, competitivo e adaptado ás novas necesidades que reclaman os clientes.

Concretamente, destacou que a Xunta apoia, dunha banda, con de 273.000 euros, actuacións de dixitalización e de modernización desenvoltas por 55 comerciantes e artesáns. Ademais, destínanse outros 240.000 euros nesta área para apoiar o labor que desenvolven 12 asociacións e federacións de comerciantes no impulso da competitividade do sector.

Comercio de proximidadeNo caso das axudas a comerciantes e artesáns o investimento subvencionable, segundo o tipo de apoio solicitado, pode ir dos 1000 aos 5000 euros no caso de dixitalización e entre os 15.000 e os 30.000 no caso de actuacións de modernización. A porcentaxe de axuda é en todos os casos do 50%.

Así, un total de 55 comerciantes e artesáns da comarca desenvolven actuacións de implantación ou actualización de páxinas web comerciais e de mellora da imaxe en liña, así como iniciativas centradas na loxística dixital ou a implantación de packaging para venda en liña. Tamén se activarán proxectos de ferramentas de xestión, e de modernización de locais. Ademais, a través desta mesma orde de axudas, os comercios tamén poden contar con asesoramento dun xestor de redes sociais para desenvolver novas fórmulas de promoción e comercialización en internet, no marco do programa de Social Commerce que se desenvolve en colaboración coa Federación Galega de Comercio.

O obxectivo desta iniciativa é potenciar a presenza do comercio galego de proximidade nas redes sociais, impulsando a súa conexión co cliente e creando novas redes de fidelización e imaxe de marca, buscando adaptar o comercio de proximidade ás novas tendencias do mercado.

Asociacións de comerciantesEn relación coas axudas ás asociacións de comerciantes os apoios poden chegar no caso dos centros comerciais abertos ata os 40.000 euros e alcanzar o 80% do investimento subvencionable, en función da poboación dos concellos en que están situados e do número de establecementos asociados. No que respecta ás asociacións das prazas de abastos, a porcentaxe de axuda é do 70%, podendo alcanzar a subvención un máximo de 9800 euros. No caso das federacións, os apoios poden chegar ata os 49.000 euros, alcanzando a axuda o 70% do investimento a realizar.

As axudas que veñen de concederse permitirán realizar diferentes campañas de dinamización, incorporar sistemas de fidelización ou realizar melloras na sinalización comercial externa, e, no caso das asociacións das prazas de abastos, melloras en instalacións e equipamentos. Estas axudas enmárcanse no Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio de Galicia, que ten entre os seus retos o establecemento dun novo modelo de comercio intelixente que sitúe ao cliente no centro da súa estratexia aproveitando todos os recursos á súa disposición.  CENTROS COMERCIAIS ABERTOS E ASOCIACIÓN DE PRACEIROS 


- Te recomendamos -