Inicio Galicia A Xunta apoia con máis de 305.000 euros a mellora da...

A Xunta apoia con máis de 305.000 euros a mellora da competitividade do comercio de proximidade na comarca do Barbanza

0

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina 38 axudas para apoiar o asociacionismo comercial e tamén se impulsa a dixitalización e a modernización dos establecementos

O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro informou da orde de axudas que a Consellería de Economía e Emprego vén de resolver, coas que se apoia ás asociacións de comerciantes e ao comercio de proximidade da comarca do Barbanza.

Así, con apoios públicos de máis de 305.000 euros concédense un total de 38 axudas das que se benefician comerciantes, artesáns, centros comerciais abertos, asociacións das prazas de abastos, federacións e asociacións de ámbito superior ao municipal, mobilizando un total de máis de 466.000 euros, co obxectivo de fomentar un novo modelo comercial intelixente, competitivo e adaptado ás novas necesidades que reclaman os clientes.

Concretamente, destacou que a Xunta apoia, dunha banda, con de 160.000 euros, actuacións de dixitalización e de modernización desenvoltas por 33 comerciantes e artesáns. Ademais, destínanse outros 233.000 euros nesta área para apoiar o labor que desenvolven 5 asociacións e federacións de comerciantes no impulso da competitividade do sector.

Comercio de proximidadeNo caso das axudas a comerciantes e artesáns o investimento subvencionable, segundo o tipo de apoio solicitado, pode ir dos 1000 aos 5000 euros no caso de dixitalización e entre os 15.000 e os 30.000 no caso de actuacións de modernización. A porcentaxe de axuda é en todos os casos do 50%.

Así, un total de 33 comerciantes e artesáns da comarca desenvolven actuacións de implantación ou actualización de páxinas web comerciais e de mellora da imaxe en liña, así como iniciativas centradas na loxística dixital ou a implantación de packaging para venda en liña. Tamén se activarán proxectos de ferramentas de xestión, e de modernización de locais. Ademais, a través desta mesma orde de axudas, os comercios tamén poden contar con asesoramento dun xestor de redes sociais para desenvolver novas fórmulas de promoción e comercialización en internet, no marco do programa de Social Commerce que se desenvolve en colaboración coa Federación Galega de Comercio.

O obxectivo desta iniciativa é potenciar a presenza do comercio galego de proximidade nas redes sociais, impulsando a súa conexión co cliente e creando novas redes de fidelización e imaxe de marca, buscando adaptar o comercio de proximidade ás novas tendencias do mercado.

Asociacións de comerciantesEn relación coas axudas ás asociacións de comerciantes os apoios poden chegar no caso dos centros comerciais abertos ata os 40.000 euros e alcanzar o 80% do investimento subvencionable, en función da poboación dos concellos en que están situados e do número de establecementos asociados. No que respecta ás asociacións das prazas de abastos, a porcentaxe de axuda é do 70%, podendo alcanzar a subvención un máximo de 9800 euros. No caso das federacións, os apoios poden chegar ata os 49.000 euros, alcanzando a axuda o 70% do investimento a realizar.

As axudas que veñen de concederse permitirán realizar diferentes campañas de dinamización, incorporar sistemas de fidelización ou realizar melloras na sinalización comercial externa, e, no caso das asociacións das prazas de abastos, melloras en instalacións e equipamentos. Estas axudas enmárcanse no Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio de Galicia, que ten entre os seus retos o establecemento dun novo modelo de comercio intelixente que sitúe ao cliente no centro da súa estratexia aproveitando todos os recursos á súa disposición.  CENTROS COMERCIAIS ABERTOS E ASOC PRACEIROSENTIDADE


- Te recomendamos -