Inicio Galicia A Xunta apoia ás mulleres en situación de vulnerabilidade social na súa...

A Xunta apoia ás mulleres en situación de vulnerabilidade social na súa experiencia coa maternidade

0

Axúdase a 25 nais a que teñan unha maternidade saudable


A Consellería de Política Social desenvolve un programa de atención prenatal e perinatal para nais en dificultade social, en colaboración coa Fundación Meniños e profesionais do ámbito sanitario e dos servizos sociais. O obxectivo é promover unha experiencia de coidado e maternidade saudable a un grupo de 25 mulleres que participan nesta iniciativa.

A través deste programa trátase de xerar un contexto de coidado para as mulleres embarazadas que axude a rebaixar os niveis de estrés, facilitar a creación das condicións prenatais e de postparto axeitadas para a formación do vínculo afectivo co bebé, e promover na nai e pai a creación dunha contorna familiar que facilite o desenvolvemento de todos os membros da familia. Deste xeito, tamén se prevé e detectan posibles problemas emocionais, de comportamento e de desenvolvemento dos nenos e nenas, ao tempo que se dota ás nais dos recursos necesarios para afrontar a súa situación social.

Para acadar estes resultados, as familias que participen no programa reciben preparación emocional e estrutural para o nacemento do bebé e participan en talleres grupais durante o embarazo para traballar a función reflexiva da nai, a vinculación co bebé e a creación dunha rede de apoio cos profesionais implicados e entre nais. Así mesmo, reciben apoio nos coidados do neno ou nena co que poden identificar as súas necesidades físicas e emocionais, e poderán acudir a talleres grupais durante o primeiro ano de crianza.

Leer más:  Los habitantes de Monterroso (Lugo), un pueblo con solo 3.600 habitantes, se muestran "felices" con la llegada de 126 migrantes de Mali

A Xunta desenvolve distintos proxectos destinados a mellorar a calidade de vida dos nenos, nenas e adolescentes en situación de vulnerabilidade social como o acollemento familiar, o acollemento residencial, o programa de adopcións, as accións de inserción socio-laboral, os programas socio educativos ou o programa de mediación familiar.  


- Te recomendamos -