Trátase de usuarios do Centro sociocomunitario de Calvario que obtiveron formación para desenvolverse sobre un escenario acompañados de actores profesionais
O director xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia, Arturo Parrado Puente, participou hoxe na presentación do proxecto Entre versos e Marsillach e no que participan 10 persoas maiores do Centro sociocomunitario de Calvario. A iniciativa está impulsada pola Obra Social La Caixa.
Vigo é a cuarta parada deste ano dunha xira que xa pasou por 23 cidades españolas. Desde a súa estrea en xuño de 2016, máis de 240 persoas maiores participaron na iniciativa xa que o elenco é diferente en cada representación e os actores e actrices foron seleccionados en diversos centros, ademais de recibir formación para desenvolverse sobre un escenario acompañados por membros da compañía Marsillach.
A finalidade deste proxecto é promocionar a participación social dos maiores a través do teatro, así como axudar a mellorar as súas competencias e habilidades persoais, favorecendo a empatía e o traballo en equipo. O exercicio teatral, mediante a memorización e a recitación, axuda a estimular o cerebro, ao mesmo tempo que os participantes teñen a oportunidade de desfrutar de textos que forman parte da historia literaria.
Arturo Parrado saudou a celebración deste tipo de iniciativas que contribúen a que os maiores de Vigo neste caso, manteñan un estilo de vida activo e desenvolvan as súas capacidades comunicativas a través do teatro.
A estrea terá lugar hoxe ás 18,00 horas no auditorio municipal de Vigo.
- Te recomendamos -