Inicio Galicia A Xunta anuncia que os 14 novos equipos de valoración da discapacidade...

A Xunta anuncia que os 14 novos equipos de valoración da discapacidade comprometidos hai un mes xa están operativos

0

 O obxectivo dos 51 profesionais que os conforman é reducir ao máximo os tempos de resposta nas solicitudes de discapacidade

Santiago, 6 de xuño de 2018.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, anunciou hoxe, durante a súa intervención no Parlamento de Galicia, que o persoal dos 14 novos equipos de valoración do grao de discapacidade para Pontevedra, Vigo, A Coruña, Ferrol, Lugo e Ourense, comezan mañá a traballar nos seus respectivos destinos logo do pertinente proceso formativo e co obxectivo de reducir ao máximo os tempos de resposta nas solicitudes de valoración da discapacidade.

Na actualidade, existen 19 equipos definidos compostos por un/unha médico/a, un/unha psicólogo/a e un/unha traballador/a social. A esta rede súmanse agora estes 14 novos equipos que supuxeron a contratación de 16 médicos/as, 15 psicólogos/as, 14 traballadores/as sociais e 6 auxiliares, o que fan un total de 51 novos profesionais. Ademais, completáronse os equipos de Vigo e Santiago e se mantén un equipo en Pontevedra. En total, a Administración autonómica realizará un investimento superior ao millón de euros para este reforzo.

Leer más:  Los habitantes de Monterroso (Lugo), un pueblo con solo 3.600 habitantes, se muestran "felices" con la llegada de 126 migrantes de Mali

O conselleiro tamén informou de que, para dotar aos equipos de valoración dun entorno axeitado para desenvolver o seu labor, se adecuou un espazo en Vigo, para o cal se realizou un investimento de 13.000 euros, mentres que en Pontevedra se investiron 12.000 euros.

Dentro do conxunto de medidas que se están a instaurar para reducir os tempos de agarda, ademais da creación de novos equipos, impulsarase a Historia Social Única Electrónica de tal xeito que o persoal dos equipos de valoración e orientación teñan acceso ao historial clínico dos solicitantes. Deste xeito, simplificouse o procedemento, evitando que os galegos e galegas teñan que achegar documentación á que se pode acceder de xeito dixital (sempre e cando o solicitante o autorice) e se reduciu o cuestionario de catro páxinas a unha de xeito que resulte máis doado e rápido cubrilo.

Rey Varela anunciou tamén a posta en marcha dun servizo de confirmación e recordatorio de citas a través de SMS para evitar a non asistencia ás citas de valoración programadas e que estará operativo nos vindeiros días.

Leer más:  El BNG reclama al Gobierno central que renueve y amplíe el parque móvil ferroviario de Galicia

Outra das medidas concretas que se levarán a cabo será a consideración de facto de persoas con discapacidade igual ou superior ao 33% aquelas ás que a Seguridade Social teña recoñecida unha pensión de incapacidade permanente no grao de total, absoluta ou gran invalidez, e aos pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou de retiro por incapacidade permanente. En definitiva, todas elas accións destinadas a acelerar ao máximo os tempos de resposta e simplificar os trámites como vía para mellorar a calidade de vida dos galegos e galegas que presentan algún tipo de discapacidade.

Cómpre destacar que neste 2018, a Consellería de Política Social incrementou nun 10% os recursos económicos destinados a maiores e persoas con discapacidade, acadando os 414 millóns de euros. Un reforzo orzamentario que está a permitir afrontar a creación destes novos equipos de valoración, incrementar nun 5% os convenios de colaboración coas entidades que traballan neste ámbito, ampliar e estender os servizos da Rede galega de atención temperá ou consolidar a rede de prazas de atención sustentadas con fondos públicos entre outras medidas.  

Leer más:  El Ayuntamiento de Santiago ha formado la comisión negociadora de su primer plan de igualdad, la cual está presidida por la alcaldesa

- Te recomendamos -