Inicio Galicia A Xunta anuncia no Diario Oficial da UE a próxima licitación das...

A Xunta anuncia no Diario Oficial da UE a próxima licitación das obras de prolongación da Vía Ártabra ata a AP-9, que suporá un investimento de máis de 35 millóns de euros

0

Este anuncio previo permitirá reducir os prazos do proceso cando se inicie a contratación dos traballos, acurtando de 35 a 15 días naturais o prazo de presentación de ofertas

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2018.- A Xunta de Galicia publicou hoxe no Diario Oficial da Unión Europea o anuncio de previo de licitación das obras de prolongación da Vía Ártabra ata a AP-9, unha infraestrutura na que a Administración autonómica prevé investir máis de 35 millóns de euros.

A publicación deste anuncio previo no boletín oficial comunitario permite reducir os prazos legalmente establecidos cando se inicie o proceso de contratación dos traballos, acurtando desde 35 ata 15 días naturais o prazo para a presentación das ofertas por parte das empresas interesadas en executalas.

A Xunta mantén como un obxectivo prioritario a execución da prolongación da Vía Ártabra ata a Ap-9, un treito clave para completar a funcionalidade desta infraestrutura fundamental para a mobilidade da área da Coruña.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda atópase á espera de que o Ministerio de Fomento emita o seu informe sobre a actuación prevista, que é preceptivo porque a prolongación da Vía Ártabra é, ademais, a conexión entre dúas estradas de titularidade estatal: a N-VI e a Ap-9. Só cando se dispoña dese informe poderá a Xunta licitar as obras.

Leer más:  Ninguno de los municipios gallegos con zonas de gran afluencia prevé seguir a Santiago e implantar una tasa

Para axilizar en todo o posible os trámites necesarios para executar os traballos, a Xunta publica este anuncio previo no Diario Oficial da Unión Europea, establecendo xa o importe da licitación en máis de 34,8 millóns de euros aos que deberán engadirse os custos das expropiacións e das asistencias técnicas. O prazo de execución establécese en 30 meses.É un novo paso que se suma ao xa dado a semana pasada coa licitación do contrato de servizos para realizar as expropiacións dos terreos necesarios para as obras. Este concurso público de servizos está xa aberto desde o pasado xoves na Plataforma de Contratos de Galicia por un importe de 68.395,48 euros, establecendo o vindeiro día 27 de xullo como data límite para a presentación de ofertas.

As expropiacións que se xestionarán a través do contrato que se vén de licitar supoñen unha ocupación de 270.060,51 m2 repartidos en 244 fincas nos concellos de Cambre, Oleiros e Sada, aos que hai que engadir 29.978,37 m2 de expropiación temporal que se ocuparán para a execución das obras e á súa finalización se devolverán aos seus propietarios. Ademais, ocuparanse 23.724,25 m2 como servidumes de redes de servicios que se deben recolocar. O custo estimado das expropiacións é de máis de 1,5 millóns de euros. 

Leer más:  Un anciano de ochenta años fallece en Vilardevós (Ourense) después de que su tractor volcara

- Te recomendamos -