Inicio Galicia A Xunta ampliará o comedor do Colexio Público da Sagrada Familia tras...

A Xunta ampliará o comedor do Colexio Público da Sagrada Familia tras chegar a un acordo coa dirección do centro

0

As obras realizáranse este verán e consistirán nunha actuación sinxela ampliando cunha das clases contiguas ao comedor

A Xunta de Galicia levará a cabo, este verán, a ampliación do comedor do Colexio Público da Sagrada Familia tras chegar a un acordo coa dirección do centro e a súa AMPA a encargada da xestión do comedor.

Neste senso, aténdese unha preocupación das nais e pais deste colexio e do equipo directivo que trasladaron á Xunta a necesidade de buscar unha solución para atender aos máis de 200 nenos que fan a comida principal no centro educativo.

Dende a Xunta de Galicia mantivéronse varios encontros con todas as partes implicadas tanto coas familias afectadas, representantes da AMPA y dirección del centro. Finalmente, optouse pola opción de ampliar a zona de comedor tomando unha das clases contiguas cunha obra sinxela que se realizará en verán en canto rematen as clases. Esta actuación permitirá atender a elevada demanda de prazas no comedor, que se prevé, sen necesidade de por en marcha un terceiro turno de comidas.

Leer más:  Investigado un hombre en Tui (Pontevedra) tras intervenirle nueve plantas de marihuana y cuatro kilos de cogollos

A Consellería de Cultura e Educación está a realizar un forte esforzo económico para atender as necesidades educativas tanto na cidade herculina como en toda a comarca coruñesa.


- Te recomendamos -