Inicio Galicia A Xunta amplía o convenio coa Fundación Empresa-Universidade Galicia que permitirá reforzar...

A Xunta amplía o convenio coa Fundación Empresa-Universidade Galicia que permitirá reforzar o posicionamento da I+D das universidades galegas a nivel europeo

0

Subliña que o acordo se mellora de xeito notable, pasando dos 600.000 euros que se destinaron nos anos 2016 e 2017, aos case 3 millóns para os vindeiros catro anos

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a ampliación do convenio coa Fundación Empresa-Universidade Galicia que permitirá reforzar o posicionamento da I+D das universidades galegas a nivel europeo.

Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo subliñou que o acordo se mellora desde o punto de vista cuantitativo de xeito notable, ao dobrar a dotación, que pasa dos 600.000 euros que se destinaron nos anos 2016 e 2017, aos case 3 millóns de euros para os vindeiros catro anos, proporcionando, ademais, unha maior estabilidade ás universidades para poder traballar nesta materia.

En relación cos obxectivos de acción, cómpre destacar que o documento incorpora tres novas liñas de actuación. A primeira das liñas irá dirixida á creación de dous programas de formación pioneiros en España para mellorar a xestión estratéxica dos centros e unidades de investigación: o programa de xestión estratéxica GESCI, destinado aos investigadores; e o programa de xestión operativa GOSCI, dirixido aos traballadores dos centros de I+D+i que non se encargan directamente da investigación, senón a sacarlle rendemento aos seus froitos.

Leer más:  Bancos de Alimentos solicitan asistencia debido a una situación difícil: "Nos enfrentamos a estantes vacíos"

Outra das accións será a creación e implantación dun proceso para detectar e preavaliar tecnoloxías cun alto potencial de transferencia ao mercado. Ademais da elaboración dun estudo prospectivo de tendencias globais e sectores estratéxicos con impacto no emprego de Galicia, para poder anticiparse aos perfís profesionais que se demandarán nun futuro.

Así mesmo, cos resultados deste estudo, disporase dunha importante fonte de información para que o deseño do novo mapa de titulacións vaia acorde coas necesidades e esixencias da sociedade e do mercado.

Ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta lembrou que tanto os programas de formación de investigadores e xestores de centros de investigación como o estudo dos empregos do futuro están incluídos no Plan de excelencia universitaria, deseñado e aprobado o pasado mes de novembro.

A Xunta leva colaborando coa Feuga desde 2016, identificando potencialidades dos grupos de investigación e promocionando o Sistema Universitario de Galicia en Bruxelas, así como buscando oportunidades cara aos proxectos do Horizonte 2020.

Logo de salientar que a Feuga se adheriu neste tempo a 16 iniciativas a nivel europeo para posicionar os nosos investigadores ante as convocatorias europeas, Feijóo subliñou que a comparativa das propostas de cooperación ou de captación de fondos que se foron poñendo en marcha é moi relevante xa que, mentres en abril de 2017 había en preparación, negociación ou avaliación 32 propostas; un ano despois esta cifra chega ata 65.

Leer más:  El conductor del vehículo que cayó al mar, y cuya acompañante fue encontrada sin vida, aumentó significativamente la velocidad antes de caer

- Te recomendamos -