A partir das 14,00 horas espérase acadar os 42º en Ourense e os 40º en Pontevedra
A Xunta de Galicia alerta dun episodio de temperaturas máximas de nivel vermello que se iniciará en torno ás 14,00 horas de hoxe nas zonas do Miño das provincias de Pontevedra e Ourense.
Segundo as estimacións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), poderán alcanzarse ata 42 graos centígrados en Ourense (Miño,) e os 40 graos centígrados en Pontevedra (Miño). No resto da provincia de Ourense e no sur de Lugo segue vixente a alerta laranxa por altas temperaturas.
Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos afectados, aos servizos provinciais de Protección Civil, e aos bombeiros, entre outros.
- Te recomendamos -